3 xogadores costeiros levan a Galicia ao 7º posto no Campionato de España de Volei infantil


A participación de varios xogadores da Costa da Morte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de voleibol é toda unha boa nova para a bisbarra. I é que ademais, a participación dos Javi e Juan foi fundamental para os bo resultado da selección, o mellor nos últimos anos. Cartagena, en pleno corazón de Murcia, foi o lugar onde se celebrou o campionato.
Os nosos caeron ante a Comunidad de Madrid nos Cuartos de Final por un claro 3-1 (25-17/25-15/21-25/25-18). A partir de aí disputaron o grupo polo 5º posto e quedaron 7º tras caer ante Valencia e a propia Murcia, e vencer aos primos asturianos.
O corcubionés Javier Domínuez e o mazaricán de Arcos Juan Carballo son imprescindibles no equipo infantil do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, e xa talen actuado en categorías superiores. Ademais, outro xogador, o número 5, Marcos Alvite, ten raíces costeiras, xa que malia ser natural de Bertamiráns e xogar no Bruxas, a súa nai é natural de Corcubión.
Iso si, o que destacan os rapaces é o moito que se disfrutan esta clase de eventos. Unha semana enteira de convivencia con rapaces da mesma idade na Manga de Mar Menor, alternando pavillón e praia, é algo do que todos podemos sentir envexa. Noraboa aos 3 e que os vexamos moitas máis veces polos campionatos de toda España.
Información do Campionato
Novas relacionadas
- Dous xogadores do Manuela Rial de Volei disputan o Campionato de España coa Selección Galega.
- O Manuela Rial logra o bronce no Campionato Galego de voleibol infantil e dous xogadores volven coa Selección.
- Os infantis do Manuela Rial buscarán en Ourense proclamarse campións galegos de volei.
- As xuvenís do Dumbría ascenden á Liga Galega e as cadetes manteñen a categoría.
- Dous xogadores do Manuela Rial repiten na Selección Galega de Volei.
- 14-12-10: 4 xogadores do Manuela Rial á selección provincial de volei.
- 13-04-2010: 3 rapaces do Manuela Rial disputaron o Campionato de España de Volei.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).