12 medallas para os pequenos atletas de Cee no Campionato Provincial de Atletismo en Pista

10:00 04/05/11

O pasado sábado día 30 de abril celebrouse o Campionato Provincial de Atletismo en Pista nas pistas de Poboa do Caramiñal. O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, acudía cun total de 35 atletas clasificados para a disputa de devandito campionato. Esta marca converteuno na terceira entidade de toda a provincia con máis atletas clasificados.
Ao termino da xornada os atletas do noso centro conseguiron un total de 12 medallas, repartidas da seguinte forma:
- Marco Fuentes, campión provincial de lanzamento de peso benjamín e subcampión en lanzamento de pelota.
- Rocío Caamaño, campioa provincial en lanzamento de peso benjamín e subcampiona en lanzamento de pelota.
- Nicolás Herrera, subcampión provincial en lanzamento de peso benjamín.
- Saulo Pose, sucampeón provincial de 1000m obstáculos infantil.
- Miranda Lago, subcampioa provincial en lanzamento de disco infantil.
- Iñaki Coronilla, subcampión provincial en 2km. marcha alevín.
- Carmen Ramón, medalla de bronce en 2km. marcha alevín.
- David Oca, medalla de bronce en 2 km. marcha alevín.
- Saulo Rei, medalla de bronce en salto de lonxitude alevín.
- Alex López, medalla de bronce en 1000m.
- 2 xogadores do Manuela Rial levaron á Selección Galega de voleibol ao 7º posto no Campionato de España.
- 14 medallas para os atletas do Manuela Rial na previa do Campionato Provincial.
- Nota de prensa do Colexio Manuela Rial Mouzo da man de Luis Alberto Fdez.
Os 3 primeiros clasificados de cada provincia das categorías alevín e infantil, e os 4 mellores tempos de toda Galicia, acodirán o día 21 de maio ao Campionato Galego que se disputará en Ourense.