A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Xa non é o Carral o feudo inexpugnable da tempada pasada. Xa leva 3 derrotas en 6 partidos na casa o Sofán, cando o ano pasado apenas sufriran os afeccionados. O Outes recupérase así dunha xeira de 5 derrotas seguidas e fica na zona media.
Por arriba o Soneira mantén o liderato, pero tralo empate sen goles na casa ante un sorprendente Piloño, ten só 2 puntos de vantaxe sobre o poderoso Cordeiro. Polo demais, mentres o Baio parece que segue en liña ascendente, Malpica e Corme manteñen os seus problemas.
Todo nunha xornada marcada polos atentados en Francia, e en todos os campos gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas.
Outes: David Rama, Dani, Samu, Borja e Pose; Mario, Martín, Iago Dosil (Elías, m.70), Chía (Babu, m.90), David e Piki (Jura, m.85).
Goles: 0-1, m.59: Mario nunha contra; 0-2, m.65: David de penalti.
Árbitro: Patricio Blanco.
Imaxe do vivido derbi Sofán-Outes-Foto-SD
Unha contra decisiva
Partidazo cun grandísimo ambiente no Carral para este derbi norte-sur que vertebra a Costa da Morte dende os seus extremos. Foi un partido de poder a poder, con dous equipos moi ben armados, e o Outes usando ademais as mellores armas dos carballeses.
Non tivo fisuras o equipo de Manu Roque, ante un máis experimentado cadro local. O cadro local tiña que dominar pero sen demasiado perigo, se ben Iván Rey avisaba nada máis sacar de centro.
O choque era duro, intenso, e parecía que o que primeiro marcaría levaría os tres puntos. Así foi, xusto cando mellor estaba o Sofán, situado en campo contrario, unha boa contra deixaba a Mario diante do porteiro que definía perfectamente. Apenas 5 minutos despois, un penalti permitía a David deixar practicamente sentenciado o encontro, a pesar de que quedasen algo máis de 20 minutos por diante.
Intentouno o Sofán pero non foi quen de superar a boa tela de araña que prantou o equipo da Serra no Carral.
Tordoia-Baio-Foto-Santi Soneira
Novo partido deste Baio de Pastoriza e o equipo segue á alza. Onte trouxo un punto do pequeno campo de Gorgullos, e puideron ser e tras unha boa segunda metade.
Tardou en adaptarse ao campo, ante un cadro local moi replegado e moi duro defensivamente. Non era quen de aproveitar a velocidade de Saleta e MC arriba o equipo baiés. Pero na segunda, modificaron mecanismos, o equipo adaptouse e soubo sacar o mellor de si. MC foi un pesadelo constante na defensa, Luís mandou un balón lambendo o pau, e Norber pediu un penalti que o colexiado non viu.
Corme 2-3 Carcacia
Os cormeláns gardan un minuto de silencio no Cairo-Foto-Fin Lema
Campo: O Cairo.
Corme: Suso, Joshua, Pandi (Cristian, m.46), Toniño, Alejandro (Miguel, m.80), Diego (Javi, m.72), Sergio, Brais, Eloy (Manu Bermúdez, m.65), Juan Chans e Lucas.
Goles: 1-0, m.25: Lucas de penalti; 1-1, m.51; 1-2, m.70; 2-2, m.89: en propia tras unha falta botada por Suso dende o medio campo; 2-3, m.90.
Imaxe do Corme-Carcacia-Foto-Fin Lema
Nin co pechacancelas
Está tendo moi mala sorte este Corme. Non coas lesións, se non tamén nos partidos. Onte no Cairo mereceu moito máis ante o pechacancelas, que se coloca a so un punto do cadro cormelán, que está a 2 dos postos de salvación.
Comezou o partido ben para os de Miguel Torrado (que acabou saltando ao campo), e Lucas non fallaba dende os 11 metros. Tras unha primeira metade na que o equipo azulón merecía levar máis renda, nada máis comezar a segunda metade o Carcacia empataba. Eran minutos complicados, máis aínda cando o cadro visitante se colocaba por diante.
Tocaba remar con todo, e alá marchou o Corme, que tras varias intentonas, conseguía facer saltar á afección a un minuto do final, cunha falta que lanzaba Suso dende o medio campo e que un defensa visitante remataba á súa propia meta.
Cando os cormeláns case que se conformaban co puntiño, na seguinte xogada, chegaba un xerro de auga fría co novo tanto visitante, que deixa sen premio a un Corme que suma 5 xornadas sen gañar.
Cordeiro 3-1 Malpica
11 do Malpica ante o Cordeiro-Foto-Luis Porto
Campo: Municipal.
Cordeiro: Diego; Taibo, (Anxo m.57), Damián, Chufe, Crego, Juanillo, Chiño, Manuel Ángel, (Gabriel m.70), Juanito, Padín e Mateo (Roi, m.60).
Malpica: Asier; Kike, Casais, Rubén, Óscar Moscoso; Carlos Mallo, (Víctor m.70), Eme, Adra, (Sergio m.78), Charro, Javi Trigo e Juny.
O Cordeiro apabullou de inicio
Unha saída fortísima do Cordeiro, con dous goles de construcción colectiva, condenou ao Malpica, a pesares da intervención de Juny. Ata catro oportunidades claras terían os locais antes do descanso, capitaneados polos clásicos Manuel Ángel e Padín, clarividentes. A mellora costeira foi infructuosa na reanudación.
Soneira 0-0 Piloño
Minuto de silencio polos atentados de Francia no Municipal de Vimianzo-Foto-Óscar
Campo: Municipal.
Soneira: Anxo, Pichi (Martín m.55), Brais Mouzo, Alberto, Maikel (Fran de Urroa m.55), Cristian (Figueroa m.55), Mario, Darío (Richi m.55), Basti, Javi e Alberto Vía.
Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Maikel, Basti, Javi e Brais Mouzo do Soneira; Dani e Jairo do Piloño.
Unha mala tarde
Non foi un bo encontro do Soneira, que sumou a súa segunda semana seguida sen gañar nin marcar. Os vimianceses atoparon un rival ben pechado, que se ben non creou demasiado perigo tampouco concedeu moitas oportunidades. Na recta final Vía tivo nas súas botas o gol en posición franca, mentres que a parroquia local reclamou penalti por mans dun defensor do Piloño, tras un remate de cabeza de Richi.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.