1ª Autonómica: E o Outes tomou o Carral
13:05 16/11/15
O Outes tomou o Carral-Foto-SD
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Xa non é o Carral o feudo inexpugnable da tempada pasada. Xa leva 3 derrotas en 6 partidos na casa o Sofán, cando o ano pasado apenas sufriran os afeccionados. O Outes recupérase así dunha xeira de 5 derrotas seguidas e fica na zona media.
Por arriba o Soneira mantén o liderato, pero tralo empate sen goles na casa ante un sorprendente Piloño, ten só 2 puntos de vantaxe sobre o poderoso Cordeiro. Polo demais, mentres o Baio parece que segue en liña ascendente, Malpica e Corme manteñen os seus problemas.
Todo nunha xornada marcada polos atentados en Francia, e en todos os campos gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas.
Outes 0-2 Sofán
- Campo: O Carral.
11 do Sofán ante o Outes-Foto-SD
- Sofán: David, Javi Souto (Luís, m.60), Rubén, Félix, Sito; Martín (Raúl Insua, m.60), Pablo Martínez (Seo, m.85), Franchu, Iván Rey, Javi Doldán (Raúl, m.55) e Brais.
11 do Outes no Carrral-Foto-SD
- Outes: David Rama, Dani, Samu, Borja e Pose; Mario, Martín, Iago Dosil (Elías, m.70), Chía (Babu, m.90), David e Piki (Jura, m.85).
- Goles: 0-1, m.59: Mario nunha contra; 0-2, m.65: David de penalti.
- Árbitro: Patricio Blanco.
Imaxe do vivido derbi Sofán-Outes-Foto-SD
Unha contra decisiva
Partidazo cun grandísimo ambiente no Carral para este derbi norte-sur que vertebra a Costa da Morte dende os seus extremos. Foi un partido de poder a poder, con dous equipos moi ben armados, e o Outes usando ademais as mellores armas dos carballeses.
Non tivo fisuras o equipo de Manu Roque, ante un máis experimentado cadro local. O cadro local tiña que dominar pero sen demasiado perigo, se ben Iván Rey avisaba nada máis sacar de centro.
O choque era duro, intenso, e parecía que o que primeiro marcaría levaría os tres puntos. Así foi, xusto cando mellor estaba o Sofán, situado en campo contrario, unha boa contra deixaba a Mario diante do porteiro que definía perfectamente. Apenas 5 minutos despois, un penalti permitía a David deixar practicamente sentenciado o encontro, a pesar de que quedasen algo máis de 20 minutos por diante.
Intentouno o Sofán pero non foi quen de superar a boa tela de araña que prantou o equipo da Serra no Carral.
Tordoia 0-0 Baio
Imaxe do Tordoia-Baio-Foto-Santi Soneira
- Campo: Gorgullos.
- Baio: Pablo, Yago (Norberto, m.60), Porto, Mario, Eloy (Luís Alvite, m.12), Peke, Brais (Moreno, m.70), Martín, Rubio (Luís, m-51), Saleta e MC.
Tordoia-Baio-Foto-Santi Soneira
Novo partido deste Baio de Pastoriza e o equipo segue á alza. Onte trouxo un punto do pequeno campo de Gorgullos, e puideron ser e tras unha boa segunda metade.
Tardou en adaptarse ao campo, ante un cadro local moi replegado e moi duro defensivamente. Non era quen de aproveitar a velocidade de Saleta e MC arriba o equipo baiés. Pero na segunda, modificaron mecanismos, o equipo adaptouse e soubo sacar o mellor de si. MC foi un pesadelo constante na defensa, Luís mandou un balón lambendo o pau, e Norber pediu un penalti que o colexiado non viu.
Corme 2-3 Carcacia
Os cormeláns gardan un minuto de silencio no Cairo-Foto-Fin Lema
- Campo: O Cairo.
- Corme: Suso, Joshua, Pandi (Cristian, m.46), Toniño, Alejandro (Miguel, m.80), Diego (Javi, m.72), Sergio, Brais, Eloy (Manu Bermúdez, m.65), Juan Chans e Lucas.
- Goles: 1-0, m.25: Lucas de penalti; 1-1, m.51; 1-2, m.70; 2-2, m.89: en propia tras unha falta botada por Suso dende o medio campo; 2-3, m.90.
Imaxe do Corme-Carcacia-Foto-Fin Lema
Nin co pechacancelas
Está tendo moi mala sorte este Corme. Non coas lesións, se non tamén nos partidos. Onte no Cairo mereceu moito máis ante o pechacancelas, que se coloca a so un punto do cadro cormelán, que está a 2 dos postos de salvación.
Comezou o partido ben para os de Miguel Torrado (que acabou saltando ao campo), e Lucas non fallaba dende os 11 metros. Tras unha primeira metade na que o equipo azulón merecía levar máis renda, nada máis comezar a segunda metade o Carcacia empataba. Eran minutos complicados, máis aínda cando o cadro visitante se colocaba por diante.
Tocaba remar con todo, e alá marchou o Corme, que tras varias intentonas, conseguía facer saltar á afección a un minuto do final, cunha falta que lanzaba Suso dende o medio campo e que un defensa visitante remataba á súa propia meta.
Cando os cormeláns case que se conformaban co puntiño, na seguinte xogada, chegaba un xerro de auga fría co novo tanto visitante, que deixa sen premio a un Corme que suma 5 xornadas sen gañar.
Cordeiro 3-1 Malpica
11 do Malpica ante o Cordeiro-Foto-Luis Porto
- Campo: Municipal.
- Cordeiro: Diego; Taibo, (Anxo m.57), Damián, Chufe, Crego, Juanillo, Chiño, Manuel Ángel, (Gabriel m.70), Juanito, Padín e Mateo (Roi, m.60).
- Malpica: Asier; Kike, Casais, Rubén, Óscar Moscoso; Carlos Mallo, (Víctor m.70), Eme, Adra, (Sergio m.78), Charro, Javi Trigo e Juny.
- Goles: 1-0 m.4 Juanito; 2-0 m.6 Chiño; 2-1 m.16 Juny; 3-1 m.47 Chiño.
- Árbitro: Otero Varela (Santiago).
Soneira 0-0 Piloño
Minuto de silencio polos atentados de Francia no Municipal de Vimianzo-Foto-Óscar
- Campo: Municipal.
- Soneira: Anxo, Pichi (Martín m.55), Brais Mouzo, Alberto, Maikel (Fran de Urroa m.55), Cristian (Figueroa m.55), Mario, Darío (Richi m.55), Basti, Javi e Alberto Vía.
- Piloño: Javier, Iglesias, Dani, Diego, Otero, Ramón, Jairo, Juan, Víctor, Imanol e Pablo.
- Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Maikel, Basti, Javi e Brais Mouzo do Soneira; Dani e Jairo do Piloño.
Crónicas da 1ª Autonómica
- X.1: O Soneira colócase líder pero a Costa mereceu máis.
- X.2: Un Soneira imperial.
- X.3: Recital dos sonei-boys.
- X.4: Unha dupla que vale un liderato.
- X.5: 6 minutos de acerto.
- X.6: Así tamén vale.
- X.7: Sequía entre baños.
- X.8: Intratable Soneira nunha negra xornada costeira.
- X.9: Que bonitos son os derbis costeiros.
- X.10: O Cunchido, pesadelo do líder.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).