mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Intratable Soneira nunha negra xornada costeira

1ª Autonómica: Intratable Soneira nunha negra xornada costeira
Corme-Soneira-Foto-Fin Lema O Soneira venceu n Corme e segue intratable-Foto-Fin Lema A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com

Non cede o cadro soneirán e suma xa 8 partidos sen coñecer a derrota cedendo tan só un empate. Os de Manolito sumaron unha xusta vitoria ante un Corme que ademais volve sufrir unha lesión de Alejo, un dos seus homes máis importantes.

Polo demais, pleno de derrotas caseiras, pois nin Sofán, nin Baio, nin Malpica nin Outes conseguiron sumar nos sues campos.

 

Corme - Soneira (1-4)

  • Corme: Suso, Diego (Alejandro, m.46), Dani Cousillas (Brais Torrado, m.79), Jesús, Sergio (Eloy, m.46), Toniño (Adolfo, m.71), Brais Corral, Adrián Doldán (Josiño, m.66), Juan Chans, Lucas e Alejo.
  • Soneira: Anxo; Cristian Figueroa, Pichi, Alberto, Maikel, De la Sierra (Martín, m.75), Sandelo, Richi (Darío, m.60), Basti, Alberto Vía (Óscar, m.79) e Javi.
  • Goles: 1-0, m.4: Alejo de penalti; 1-1, m.18: Vía Rápida; 1-2, m.20: Basti a centro de Figueroa; 1-3, m.76: Basti a centro de Figueroa; 1-4, m.77: Vía Rápida a centro de Darío.
Basti volveu marcar en CormeFoto-Fin Lema Imaxe do Corme-Soneira-Foto-Fin Lema

Derrota e lesión

Saíulle caro o derbi ao Corme, pois ademais da derrota leva unha nova lesión, a de Alejo, que volvíu saír moi tocado do xeonllo.

11 goles suma xa Basti, polos 5 de Vía Rápida, entre ambos suman máis tantos que 11 equipos da categoría. Foi clave o acerto dos puntas soneiráns para que o cadro de Manolito e Roland manteña o liderato da categoría. O Soneira chegou mandón ao Cairo, quitoulle o balón a todo un Corme e se dispuxo a entrar por bandas. Pero antes de asentarse, Alejo metía por diante aos locais dende os 11 metros. Figueroa avisaba en varias internadas, cun centro chut perigoso e cun centro que Basti mandou arriba.

En dous minutos Vía e Basti daban a volta ao marcador, deixando un final da primeira metade algo menos movido. Tivo Alejo o empate antes do descanso pero defensa nunha ocasión e Anxo noutra desbarataron o segundo.

Intentou o Corme na saída da segunda facer o seu fútbol combinativo e tivo bos minutos, con algunha chegada de Lucas.

Pero de novo dous zarpazos dos puntas soneiráns daban ao traste co traballo dos locais. Cristian Figueroa volvía facer dano pola banda e centraba para que Basti rematase o terceiro, e na seguinte xogada era Darío o que centraba para que Vía fixese o cuarto, se cadra castigo excesivo para os cormeláns que remataban o choque lamentando outra lesión de Alejo. O punta cormelán sufría noutro xeonllo, aínda san, nunha xogada desafortunada e pode que pase unha longa tempada fóra dos terreos de xogo.

Lesión de Alejo ante o Soneira-Foto-Fin Lema Lesion de Alejo ante o Soneira-Foto-Fin Lema  

Malpica - Sigüeiro (0-1)

11 do Malpica ante o Sigüeiro-Foto-Luis Porto 11 do Malpica ante o Sigueiro-Foto-Luis Porto
  • Campo: A Pedra Queimada.
  • Malpica: Asier; Casais, Carlos Mallo, Kike, Ó. Moscoso; Martín Uru, Petís, (Víctor m.77), Martín Mara, Sergio, (Dímaga m.51), Almeida, (Juny m.46) e Charro.
  • Sigüeiro: Dani; Oscarín, Borxa (Forján m.57), Ferro, Isma, Gago, Chema, Maroño (Manu m.81), Jess, (Álvaro m.84), Luís (Vasile, 66) e Arnejo (Yoday m.91)
  • Árbitro: Insua Lago (A Coruña).
  • Gol: 0-1 m.75 Vasile.

A peor versión do Malpica

Un mes sen puntuar, sen deixar boas sensacións e sen invitar ao optimismo sembran de dudas a realidade do Malpica, que onte non foi quen de superar a un Sigüeiro que apenas fixo méritos para gañar. Os bergantiñáns apenas desfrutaron de tres achegamentos en todo un partido marcado polos erros en pases sinxelos e por unha intensidade baixa.

 

Sofán - Agolada (1-2)

11 do Sofan ante o Agolada-Foto-SD 11 do Sofán ante o Agolada-Foto-SD
  • Campo: O Carral.
  • Sofán: David Insua, Adrián (Martín, m.70), Javi Souto (Felipe, m.60), Félix, Sito, Rubén, Brais (Raúl Insua, m.68), Iván Rey, Luís, Alex Pri (Raúl, m.54) e Javi Doldán.
  • Goles: 0-1, m.27: Aitor Hurtado; 0-2, m.51: Aitor Hurtado; 0-3, m.72: Aitor Hurtado; 1-3, m.75: Raúl Insua.
Bo ambiente no Carral-Foto-SD Bo ambiente no Carral-Foto-SD

Sorpresa no Carral

Deixouse sorprender o Sofán ante un Agolada moi intenso e ben plantado que aproveitou o día redondo do seu dianteiro. Completou un triplete Aitor ante unha defensa carballesa máis feble do habitual, que deixou escapar unha primeira metade levando un 0-1 ao descanso que puido ser maior. Despois de media hora fóra do partido, foise entonando a SD e acabou a primeira metade con varias ocasións, pero un pau de Brais e un par de paradas a tiros de Javi Doldán e Iván Rey deixaban a vantaxe para is vistantes.

Saíu demasiado obsesionado o Sofán na segunda, e en dúas contras o Agolada tiña resolto o choque.

 

Baio - Val do Ulla (0-1)

11 do Baio na casa ante o Val do Ulla-Foto-Santi Soneira 11 do Baio na casa-Foto-Santi Soneira
  • Baio: Pablo, Yago (Peke, m.62), Porto, Mario, Eloy (Luís Alvite, m.71=, Norber, Fachal, Moreno, Luís (Rubio, m.75), Christian e MC.
  • Gol: 0-1, m.14: de penalti.

Un inocente penalti

Un inocente penalti por unhas mans decantou o partido para o Val do Ulla no Platas Reinoso. Non é que fose o mellor partido do Baio, pero o Val do Ulla apenas tirou esa vez a gol e levou un premio excesivo. Pechouse atrás tras atoparse co tanto, e non permitiu apenas ocasións.

A ocasión máis clara do Baio, chegou nos pés de MC a cinco minutos do final pero o porteiro fixo un paradón cando xa se cantaba o gol nas bancadas. En definitiva, un partido que era de 0-0, pero esta tempada nin nestes está tendo sorte o cadro baiés.

 

Outes - Tordoia (1-3)

  • Outes: Ángel, Borja, Samu, Pose (Babu), Maroñas, Martín (Chía), Jorge (Davi), Piki, Elías, Yago (Jura) e Mario.
  • Goles: 0-1, m.44; 0-2, m.53: 0-3, m.60: Borja en propia; 1-3, m.89: Davi de penalti claro sobre Chía.

Superados

Foron superados os de Manu Roque por un Tordoia ao que non souberon contrarrestar. Fáltalles un punto para competir cara a cara a este Outes, pero co compromiso de todo o plantel non ha de ser complicado de superar.

O domingo, tras unha primeira metade igualada, o Tordoia adiantábase no último minuto. Fixo dano ese gol e nos primeiros 15 minutos da primeira metade os visitantes sentenciaban o partido, só puideron recortar os da Serra, dende os 11 metros e xa con todo o peixe vendido.


Crónicas da 1ª Autonómica

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios