A praia do Ézaro segue reafirmándose como enclave deportivo a nivel estatal

Segue Dumbría afianzandose como referente deportivo, e turístico, a nivel estatal, así como a praia do Ézaro reafírmase como marco perfecto para competicións deportivas de alto nivel. Se esta vindeira fin de semana volverá o deporte ao areal dumbriés, no marco da XXVIII Festa da Praia do Ézaro, a pasada fin de semana o Ëzaro foi o epicentro do volei praia base de toda España.

Impulso turístico

A praia do Ézaro acollía o Campionato de España de Volei Praia en categoría infantil (sub-15). E ademais do nivelazo dos equipos participantes, e da gran participación, cómpre destacar o impulso turístico que esta clase de probas lle dan á bisbarra. Así nolo conta César Ferrío, técnico municipal de deportes e un dos culpables de toda esta marea deportiva por Dumbría.
"Normalmente os equipos de tan lonxe non están dispostos a participar nestas probas porque supón un gasto tremendo, pero a potencia da Costa da Morte foi tan chamativa que provocou que viñesen equipos de toda a península. Sobre todo da zona do Mediterráneo, onde máis se practica este deporte. Foi unha nota moi positiva a participación pois ademais provoca un gran impulso a nivel turístico. Hai que destacar que houbo unhas 400 persoas relacionadas co deporte, o que supuxo unha gran ocupación hostelera, e hoteis e albergues de Cee, Corcubión, O Pindo, Ézaro... estiveron cheos, e mesmo algún equipos acabou camping de Leis de Muxía. Foron moitos os pais que aproveitaron as vacacións para coñecer a nosa costa, destacando a presencia dunha expedición duns 50 andaluces, que disfrutaron da natureza e da gastronomía da nosa Costa", explica Ferrío. "Tamén quedaron encantados os protagonistas, os xogadores, destacando o bo clima para xogar a volei praia, acostumados como están de facelo a 40º", apuntou.

Gran nivel deportivo

A nivel deportivo, o campionato estivo moi animado, cun grandísimo nivel. O xoves comezaba o campionato coa reunión técnica. Durante o venres e sábado todo o día de competición e o domingo as finais de 10:00h a 17:00h. O día que máis xente houbo foi o venres, que houbo bo tempo, i é que o sábado menudo temporal que invadíu a zona. Quedaron abraiados os deportistas cos cambios metereolóxicos que podemos vivir por aquí en tan só un par de días.

O equipo máis destacado foi o das campionas infantís, de Lugo, que xa son campionas de España en volei pista, e agora o son en volei praia. As lucenses venceron na final ao San Pedro de Marbella, complentado o podio o Benidorm de Alancante.
En categoría masculina o campión foi o Soler de Baleares que venceu na final a San Pedro de Marbella, e terceiro quedou o Xativa, de Valencia.

A Selección Galega no "Centro de Tecnificación do Ézaro"

E por se fora pouco o nivel deportivo dumbriés, esta semana o areal do Ézaro está funcionando como Centro de Tecnificación acollendo os adestramentos da Selección Galega de Volei de Praia sub-19 e sub-21. Ambos equipos están mantendo unha concentración no Ézaro, o que dá conta da potencialidade como referente deportivo.

Nova fin de semana de deporte

Esta fin de semana, no marco da XXVIII Festa da Praia do Ézaro, volve o volei, e de nivel. Desta volta terá lugar o Campionato Galego Absoluto de Volei Praia.

Ademais, o domingo adiántase o Campionato Galego sub-17 masculino, dado que a fin de semana que vén dispútase en Boiro o campionato de España.

Deste xeito, o deporte invade a praia, e de feito, preséntase complicado onde tomar o sol estes días. De seguro que veciños e visitantes da zona o entenden perfectamente!

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.