Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe

Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe
Dumbria e Deporte

Impresionante o potencial deportivo do Concello de Dumbría. O pasado verán confirmabamos que Dumbría é Deporte, e hoxe voltamos a dicilo dadas as previsións que nos mandan dende o Concello para este 2013. Impresionante a cantidade de citas que temos nunha manchea de deportes: piragüismo, volei de pista e de praia, ciclismo de estrada e de montaña, fútbol, salvamento acuático... Vaia nivel!.

E antes de facer o repaso completo a Axenda Deportiva estival dumbriesa, imos repasando deporte a deporte como traballaron ao longo deste curso:

Mención aparte merece o tema do piragüismo. Estamos aínda no comezo de temporada e xa volveron con varias medallas dos campionatos galegos. Pero a última nova pretende convertir o río Xallas nun referente a nivel estatal coa creación dun campo de slalom de augas bravas, que sería único en Galicia e que só hai 3 en España.

Do piragüismo pasamos ao volei, que pechou a tempada con dous Títulos de campión Galego (os cadetes do Volei Dumbría e os infantís do Manuela Rial, ademais de 13 xogadores convocados coa Selección Galega.
E polo verán, toca convertirse en centro do volei praia.

Que dicir do ciclismo, sendo xa o Clube Ciclista Dumbría un dos máis numerosos de Galicia. Ademais de convertir a BTT nunha referencia no panorama galego do mountain bike, espera a chegada do pelotón na Etapa da Fin do Mundo, que xa o ano pasado convertira O Ézaro nun centro de culto para ciclistas e turistas. De feito, este ano unha das citas máis potentes será a proba cicloturista "Desafio do Atlántico", que pretende convertirse xa nunha referencia a nivel galego con final no alto do Ézaro.

Non podemos esquecer falar de fútbol. Co Dumbría facendo unha campaña máis que satisfactoria en Preferente, cómpre salientar o traballo que están a facer as categorías inferiores, en especial o equipo cadete da Liga Galega que segue a loitar por un histórico ascenso á División de Honra.

Así, que tras este repaso, achegamos o calendario de actividades deportivas do Concello de Dumbría para este verán.

Calendario de actividades deportivas de Dumbría 2013

  • 11 de maio: COMPETICIÓN PUNTUABLE PARA O CIRCUITO GALEGO FEDERADO DE MINI BTT E OPEN RALLI. TÓDALAS CATEGORIAS, DISTINTOS CIRCUITOS DEPENDENDO ADS IDADES E TODOS PRÓXIMOS AS INSTALACION DEPORTIVAS. HORA 16,00.
  • 1 de xuño: COMPETICIÓN FEDERADA DE CICLISMO EN CARRETERA PARA CATEGORIAS INFERIORES. INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCO A PARTIR DAS 16,00H.
  • 8 de xuño: MARCHA CICLOTURISTA DE CARRETERA "DESAFÍO DO ATLÁNTICO".
  • 15 de xuño: CAMPIONATO GALEGO DE SALVAMENTO ACUÁTICO EN CATEGORIAS DE BASE. PRAIA DO ÉZARO, ORGANÍZASE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO. MÁIS DE 120 DEPORTISTAS.
  • 18 a 23 de xuño: O EQUIPO CADETE MASCULINO DO VOLEI DUMBRIA SEGURAMENTE SE CLASIFIQUE PARA DESPUTAR O CAMPIONATO DE ESPAÑA EN BADAXOZ.
  • 29 de xuño: MEMORIAL MANUEL ANDUJAR. TORNEO FÚTBOL 8 PARA CATEGORIAS BENXAMÍN E ALEVÍN.
  • 7 e 8 de xullo: CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA EN CATEGORIAS INFERIORES.
  • 13 de xullo:
    .- CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA EN CATEGORIA INFANTIL.
    .- COPA DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO EN AUGAS BRAVAS, CATEGORIA INFANTIL.
  • 3 e 4 de agosto: FESTA DA PRAIA, CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO VOLEI PRAIA.
  • 15 de agosto: CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM DE AGUAS BRAVAS, CATEGORIAS CADETE , XUVENIL, SENIOR E VETERANOS.
  • 17 de agosto: CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLALOM, CATEGORIAS BENXAMÍN, ALEVIN E INFANTIL.
  • 27 de agosto: VUELTA ESPAÑA CICLISMO.

Máis información

Segue a actualidade do Concello de Dumbría dende o seu Facebook:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios