A praia Langosteira acolle este sábado unha sesión de Kitesurf e moito máis
Xa está todo listo para a I Travesía de Kitesurf na Costa da Morte, que se celebrará este sábado 27 de agosto en Fisterra. Unha xornada que non só se ceñirá ao deporte, se non que ofrecerá a posibilidade de pasar un día enteiro sen saír do areal da praia Langosteira, en Fisterra.
A proba, artellada pola empresa de servicios turísticos "Vive Fisterra" e pola empresa de turismo activo Atlantis Adventure, en colaboración con Buceo Finisterre e o Clube de Kitesurf Fillos do Vento, inclúe a primeira aposta desta modalidade deportiva na nosa bisbarra.
A ruta propiamente dita partirá do areal fisterrán para achegarse, coa axuda do vento e das ondas, ata a Illa Lobeira. Tras rodeala, os participantes, entre os que poderemos atopar verdadeiras eminencias a nivel internacional como son o carnotán Abel Lago ou Elena Antón, vixente campiona de España de Free Style, voltarán ata a praia fisterrá.
Xantar e moitas actividades
Ademais da travesía, a Langosteira contará cunha infinidade de actividades como concertos, probas de sup, actividades para nenos, sesións de iniciación á practíca do Kitesurf e outros xogos co fin de que pasedes unha fantástica e completa xornada en Costa da Morte.
Pero ademáis das actividades propostas pola organización da I Travesía de Kitesurf na Costa da Morte, o restaurante Praia de Quenxe ofrecerá un completo catering con bolos preñados (2,50€), ensalada de pasta (3€), ensalada de cítricos, polo é picatostes (3,50€), ensalada froitos do mar (3,50€), empanada de bacallao, bonito é zorza (3€), ensaladilla (3€), churrasco de porco (5€) e de postre un cristal cheese cake con arandanos (2,50€).
A cita rematará co concerto dos coñecidos Bakin Blues Band a partir das 22:00h.
Máis información
Novas relacionadas
- A Langosteira prepárase para a Iª Travesía Kitesurf Costa da Morte.
- A Costa da Morte afía o vento para a I Travesía de Kitesurf.
Máis novas
- “Colgados” na Cascada do Xallas.
- A Costa da Morte, o centro do surf da península.
- De barranquismo polo río Miñóns.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).