A Costa da Morte, o centro do surf da península

09:46 19/03/11

Unha zona privilexiada para a práctica do surf
I é que o potencial da nosa bisbarra é impresionante. Pablo Rodríguez, de Art Surf Camp, recoñece que tras probas as olas dos 5 continentes, "a Costa da Morte ten unha situación xeográfica privilexiada. Non hai lugar no mundo onde haia tantas praias con boas olas. Creo que entre Ferrol e Noia hai máis praias axeitadas para a práctica do surf que en toda a península".Máis campamentos
A única problemática é a de sempre: os localismos. No canto de decatarnos que unindo forzas conseguiremos achegar máis xente, os novos campamentos son moitas veces vistos como inimigos, como rivais. Aínda quenda zonas onde un campamento daría moita vida. Que hai de Nemiña? que hai do Rostro? Un campamento acheguaría polo verán centos de amantes das olas á bisbarra á comarca de Fisterra dinamizaría a zona e de que xeito. Aí queda a iniciativa dos grupos de surf da zona, que poderían vivir da súa pasión e que polo inverno seguirían disfrutando, con exclusividade, as mellores praias do país.Sinerxias entre surf e turismo
Algo moi semellante ocorre, o problema localista, no sector turístico. Con todo, dende a APTCM levan demostrando que aunando forzas, o que se consegue é máis pan para todos. E por certo, por que non unha unión entre APTCM e os campamentos de surf da Costa da Morte? Para APTCM sería un produto máis co que promocionar a bisbarra, e para os campamentos sería publicidade gratuita e específica. Gañamos todos.Art Surf Camp
ART SURF CAMP 2010. CAMPAMENTOS Y ESCUELA EN RAZO-GALICIA from Artsurfcamp on Vimeo.
Raz Surf Camp
Silfo Camps
Novas relacionadas
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- I Caldeirada Surf: O surf integrado en Malpica.
- Surfeando na praia de Soesto.
- O surf chega a Malpica .
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Máis novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Federación Galega de Surf.
- Fotos de Rubén Prieto de www.surfcostadamorte.blogspot.com.