Precisamente a Federación enviaba unha circular na que informa sobre o procedemento que hai que seguir tras ser expulsado. Unha información moi interesante ao non haber un regulamento específico do problema. A circular indica: "Os que resulten expulsados deberán dirixirse aos vestiarios, sen posibilidadede de presenciar o partido dende a grada". Esta norma só terá unha excepción cos fisios ou médicos, que poderán quedar arredor do campo de xogo por se lles precisa.
Recibimos ademais, da man de Luís E. Porto, dende Malpica, un apuntamento sobre a importancia de que os delegados revisen as actas antes de deixar marchar ao colexiado. Non é a primeira vez que o resultado que está na acta non foi o verdadeiro, pero a efectos legais, e a efectos de posibles recontos a final de liga, son os que valen.
Dous exemplos teñen ocorrido estas últimas semanas: A pesar de que o resultado do Camariñas-Laxe de xuvenís da xornada 5 foi 6-0, na táboa clasificatoria xa tivemos que poñer 6-1 tal como recolle a acta. Igual ocorre co Cabana-Malpica xuvenil da fin de semana pasada, pese o que o resultado foi 2-5, a acta pon o 2-6 que, nós temos que recoller nas táboas de Resultados e Clasificacións.
Parte de sancións
Chegou o parte de sancións a golpe de venres pola tarde, por mor do festivo do Pilar, segundo informa a Federación. E chegou cunha sangría na Liga Xuvenil Norte, concretamente no Zas, e cun xogador do Dumbría A que vai estar 6 encontros na grada, e algún que outro detalle.
Polo visto, a xornada do mércores non atinxe a este parte de sancións polo que en principio, os xogadores que viron o 5º cartón ou foron expulsados este 12 de outubro, non terán que cumpliar sanción esta fin de semana.
A Federación desestima as alegacións formuladas polo Lira no encontro ante o At. Pereiriña, por "extemporáneas", xa que segundo informan "a recusación tiña que ser enviadas ao ser comunicada a designación do árbitros aos clubes, non con posterioridade ao encontro. O clube que impugna nin proba non proón proba do coñecimento sobrevido da causa de recusación".
Outro apuntamento do parte de sanción: dúas novas actas que non chegaron á Federación, desta volta as do Cee-Eume de 1ª e as do Mazaricos-Cee da Liga Xuvenil Sur.
E por certo, que os equipos de Ferrolterra esta pasada fin de semana non disputaron os encontros.
Saben que o horario oficial neste mes de outubro é o das 16:30h, se ben sempre hai encontros que sofren modificacións horarias. Así, xa actualizamos as táboas de Resultados e clasificacións a golpe de martes, hoxe concretamos os encontros con diferente horario:
Preferente, xornada 8
Xallas
15/10 - 17:00
Soneira
Dumbría
16/10 - 17:00
Gal. Mugardos
2ª Autonómica, xornada 7
Corcubión
15/10 - 16:30
Zas
Camariñas
16/10 - 17:00
Fisterra
Buño
16/10 - 17:00
Mazaricos
Castriz
16/10 - 17:15
Muros
Corme
16/10 - 17:30
Club do Mar
O Corme - O Pindo da xornada 2 disputarase o martes 1-11 ás 16:15h no Cairo. E falta por determinar a data do Nantón-Zas da xornada 5.
3ª Autonómica, xornada 9
Xaviña
15/10 - 17:30
Laxe
Atl. Pereiriña
15/10 - 16:00
Camelle
Cabana
15/10 - 18:00
Lira
Outes
16/10 - 17:00
Alcaián
Modificacións de horarios para toda a tempada
O PONTECESO xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS as 19:00h (AGÁS os partidos contra os Clubes: AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL e S.D.VILLESTRO que serán na xornada dominical), no campo do Pinguel.
O CLUB DEL MAR DE CAIÓN xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORMEque se fará na xornada dominical) no Campo “A Porta Santa” de Coristanco.
O CORCUBIÓN xogará os seus encontros coma locatario os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “NOVO CUBALEIRO”.
O FISTERRA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “ARASOLIS”.
O LIRA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical) e no Campo Municipal de “LOMBÁNS”.
O INDEPENDIENTE CARBALLO xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo Anexo “AS EIROAS”.
O CABANA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “AS REDONDAS” sito en CABANA DE BERGANTIÑOS. (NO CALENDARIO POR ERRO FIGURABA AS 16:00h.)
O OUTES, xogará os seus encontros coma locatario, os DOMINGOS ás 17:00h, no Campo Municipal “DO CONCHIDO” sito en SERRA DE OUTES.
O ATLÉTICO PEREIRIÑA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h. (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “NOVO RAICES” sito en CEE.
O XAVIÑA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “HERMANAS PATIÑO” sito en CAMARIÑAS.
O LAXE xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h, (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que se disputará na xornada dominical), no Campo Municipal de LAXE.
O CERQUEDA xogará os seus encontros coma locatario neste Campionato, no Campo Municipal de “XAVIÑA” sito en BUÑO.