Mércores. 01.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Golpe do Camariñas

2ª Autonómica: Golpe do Camariñas
A imaxe que o cadro de Manolín deixou en Pedra Queimada pode ser a nova da semana. I é que os camariñáns endosaron unha goleada a outro dos aspirantes a estar arriba, e ademais deixaron a impresión de que é, de feito, un dos grandes da categoría. Pola súa banda o Club do Mar segue ao seu, e superou a un Sofán en mal estado, pero que prantou cara. O que freou a marcha foi o Dumbría B que se atopou a un Corcubión que vai a máis. Por abaixo, destacable a primeira vitoria do San Lorenzo de Chema Eirís, e a nova derrota do Pindo, que mellora malia non saber aínda que é sumar esta temporada.

Fisterra - Baio (2-2)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Pana, Roco, Gus, Nico, Guardiola (Santi Pelada, min.60),Roa, Dudo (Marco do Cabo, min.80), Mane e Tata (Rivas, min.60).
  • BAIO: Poyo, Iván, Iago, José Antonio, Fermín, Mario, Fachal, Alberto, Rubio (MC, min.46), Valentín (Javi Suárez, min.60) e Canai.
  • Goles: 1-0, min.25: Mané de córner directo coa axuda do vento; 2-0, min.40: Mané tras un rexeite do longueiro a unha falta de Nico; 2-1, min.60: Canai tras unha parede con Javi Suárez; 2-2, min.65: Alberto, de falta.
Partido típico deste Fisterra, que domina e domina pero parece que aínda non acaba de sentenciar os choques. Así deixou vivo ao Baio tras unha primeira metade no que puideron caer máis tantos locais, pero en 5 minutos os baieses conseguiron empatar. Mané puxera por diante, dúas veces, aos fisterráns, tras unha primeira metade de dominio local. Tata protestou un penalti que o colexiado non sinalou e que puido signifcar a sentencia. Pero o Baio estaba vivo, e así o demostrou no segundo tempo. Canai recurtou tras unha boa combinación con Javi Suárez, e foi Alberto o que acadou o empate cunha falta ao borde da área. De aí ao final o Fisterra intentouno pero sen sorte cara o gol.

Club do Mar - Sofán (2-0)

  • CLUB DO MAR: Iago Dans, Corral (Chori, min.80), Álex, Chechu, Rubén, Bertín, Juan Lareo, Repi, Santi Silva (Piñeiro, min.70), Jacobo (Tonecho, min.60) e Vituco.
  • SOFÁN: Luis de la Peña, Adrián, Víctor, Miniño, Alemán (Jacobo, min.80), Picas (Juanjo, min.70), Suso Docampo, Mario, Iván e Abel (Edu, min.67).
  • Goles: 1-0, min.20: Bertín a pase de Repi; 2-0, min.80: Repi.
Mantivo o tipo o Sofán ante o Club do Mar en Paiosaco. Os sofanistas, moi serios en todo momento, e con boas ocasións, disfrutaron do debut de Luís de la Peña, o meta coruñés con longa traxectoria costeira, pero que non puido evitar a derrota. Pero en fronte estaba un Repi retornado ao medio campo, que foi clave nos dous tantos locais. No primeiro asistiu a Bertín, e no segun foi el mesmo o que asinou o 2-0 xa contra o final para sentenciar o choque.

Malpica- Camariñas (0-4)

  • MALPICA: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, (Casais, min.20), Iago, Rancaño, Neucha, Daniel, (Manu Pardo, min.75), Pablo, Andrés, (Nando, min.65) e Alfredo.
  • CAMARIÑAS: Pombo; Carlos Meu Lar, (Carlos Doile, min.85), Breo, Ogando, Maikel, Moriño, Brais, De la Sierra, (Nico, min.80), Leo, Javi, (Adrián Negro, min.65) e Juan Carlos (Dani, min.78).
  • Goles: 0-1, min.35: Leo; 0-2, min.44: Javi a pase de Leo; 0-3, min.55: Brais entrando pola banda; 0-4, min.75: Leo a centro de Adrián Negro.
Bateu enriba da mesa este Camariñas de Manolín. E iso que ata o primeiro gol o encontro estivo bastante equilibrado, con moito medio campo, mesmo algo superiores os malpicáns con boas ocasións para Neucha, Daniel ou un posible penalti sobre Pablo. Pero as combinacións de Leo cos puntas camariñáns foron claves e os dous tantos antes do descanso foron fundamentais para o devir do choque. Na segunda metade, os locais non souberon remar en contra do marcador. Ademais, en fronte estaba un bloque perfectamente engraxado, que se adicou a controlar e saír á contra con moito perigo, ata completar a goleada.

Esteirana - O Pindo (2-0)

  • ESTEIRANA: Ramón, José Varela, Ismael, Dani Rama, Maxi (Andel, min.70), Eloy, Adrián, Álex, Roberto Pladur, Adelino e Cajulo (Iván, min.55)
  • O PINDO: Diego Garrido, Juan de Fisterra, Manolito do Porto, Javi Conexo, Herminio, Carlos Leis, Eloy, Javi Sestayo (Riolo, min.60), Hugo de Dios (Diego de Ameixenda, min.70) e Carlos (Pablito, min.65).
  • Goles: 1-0, min.5: Adelino; 2-0, min.25: Adelino.
  • Expulsións: a Roberto Pladur (min.45) da Esteirana e Diego Garrido (min. 70) e Javi Conexo (min.78) do Pindo.
Segue sen sumar o clube carnotán tras este encontro con protagonismo para o colexiado Goyeneche. 3 expulsados e 7 tarxetas amarelas foi o balance dun encontro de guante branco. Os esteiráns foron mellores, combinando a veteranía dos Adelino e Dani coa xuventude dos Pladur, Cajulo e compañía, unha das mellores armas desta Esteirana. Por banda visitante, cómpre destacar que parece que melloran en tramos dos encontros, pero os despistes seguen matando todo o traballo de cada partido. O regreso de Eloy foi a mellor nova para os carnotáns. Precisamente dous erros defensivos foron aproveitados por Adelino para poñer por diante aos locais. Na segunda parte O Pindo, con un máis, intentouno pero con máis fe que xogo. Non foi suficiente e menos cando os carnotáns quedaron con 9.

Corme - Buño (5-3)

  • CORME: Susiño, Lelo, Adolfo, Pandi, Jesús (Martinciño, min.65), Alejandro, Diego (Martín, min.55), Adrián Doldán, Lucas, Alejo (Abel, min.80) e Iago (Dani, min.85).
  • BUÑO: Toni, Ángel, Diego, David (Crivillé, min.75), Brais, Jorge, Dani (Richard, min.70), Rubén (Emilio, min.55), Juan, David Dourado (Miguel, min.60) e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.20: Alejo; 1-1, min.22: Diego de penalti; 1-2, min.25: Víctor á saída un córner; 2-2, min.44: Iago; 2-3, min.50: Víctor; 3-3, min.53: Alejo; 4-3, min.80: Alejo; 5-3, min.85: Martín.
A volta de Alejo ao 11 cormeláns tras 8 encontros de sancións despois da final da Copa Xuvenil do ano pasado, foi clave para a vitoria dos de Suso da Torriña. O acerto do dianteiro e a perseverancia de todo o cadro azulón permitiu que lle desen a volta ao un encontro tolo, de arriba a abaixo, bonito para o espectador pero non tanto para os adestradores. A xogada clave foi un balón, co 3-3, que Víctor enviou ao longueiro, e na xogada seguinte marcou á volta o Corme por medio de Alejo nunha rápida e letal contra. En definitiva, e en clave de boxeo, aos puntos venceu o Corme.

Dumbría B - Corcubión (1-1)

  • DUMBRÍA B: Anxo, Jose Manuel, Sergio Cives, David Carreira, Ramiro (Jose Carreira, min.80), Tati, Jesús, Riki (Esteban, min.65), Miguel Poyo, Toni e Pablo Lestón (Ivanete, min.75).
  • CORCUBIÓN: Cristian, Jose de Atalaya, Balucho, Lema, Sergio Manín, Santi Papi (Sancho, min.70), Conguito, Alán (Sebas, min.70), Edu, Mario (Tarrela, min.85) e Lourido.
  • Goles: 1-0, min.25: Pablo Lestón, de falta; 1-1, min.80: Lourido, de penalti.
  • Lesión: O corcubionés Mario cun problema nun xeonllo.
  • Expulsión: O meta dumbriés Anxo ao facer penalti no min.80.
Xusto empate no Conco entre un Dumbría B que estaba infranqueable e un Corcubión que mellora a cada xornada. O encontro tivo poucos tiros a gol, se ben os corcubioneses dominaron o tempo do partido non permitiron que os de César Ferrío crearan ocasións. De feito, estiveron os dumbrieses moi precipitados e perdían o balón con facilidade ante a presión visitante. Pero falta gol nas filas dos de Manín. Malia contar cun Lourido nunha forma espectacular, os corcubioneses non están a ter sorte cara a gol. Un bo exemplo foron as dúas boas ocasións que marrou o punta visitante contra o final só contra David Carreira, que se tivo que poñer de porteiro trala expulsión de Anxo.

San Lorenzo - Mazaricos (3-2)

  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Adrián, Casillero, Puñal, Dubra, Chechu (Javi, min.85), Cachizo, Marcos, Fuentefría (Anxo, min.90) e Miguel (Carlos, min.72).
  • MAZARICOS: Pejo, Marcos (Tuco, min.75), Marcos, Ramón, Chico, Brais, Estéfano (Rodri, min.60), Pereiro (Aldo, min.65), Cristian (Rafa, min.55) e Kevin.
  • Goles: 0-1, min.6: Ramón de penalti; 1-1, min.12: Fuentefría de penalti; 2-1, min.20: Puñal de cabeza peinando unha falta dende 3/4 de campo; 3-1, min.32: Cachizo de cabeza nun córner; 3-2, min.35: Ramón, de penalti.
Resultado apretado en Verdillo que supón a primeira vitoria dos de Chema Eirís. Os cinco goles foron todos a balón parado o que dá conta do fútbol que se viu en Verdillo. Os visitantes pediron a expulsión do meta Recarey co primeiro penalti, pero o colexiado considerou que a falta non era tan grave como para ser expulsión.

Muros - Nantón (6-2)

  • MUROS: Lupi (Iago, min.80), Marco Antonio, Mayuyo, Teo (Casco, min.70), Mingos (Gelo, min.55), Alberto, Dani Corniños (Gabi, min.55), Sexo, Seluco, Jesús e Óscar de Maema.
  • NANTÓN: Martín, Diego, Sito, David Lareo, Carlos (Iván, min.20), Carlos Vidal, Cristian, Martín II, Luís, Manolo do Cruceiro e Rubén (Eloi, min.75).
  • Goles: 0-1, min.10: Luís; 1-1, min.11: Mayuyo; 2-1, min.20: Mayuyo; 2-2, min.30: Luís; 3-2, min.30: Seluco; 4-2, min.50: Seluco; 5-2, min.55: Seluco; 6-2, min.80: Óscar de Maema.
  • Expulsión: Carlos Vidal no min.60.
Moi igualado estivo o choque, con alternativas, durante os primeiros 45 minutos. De feito, Luís puxo dúas veces por diante aos cabaneses, pero foi o central Mayuyo o encargado de manter ao Muros no partido con sendas subidas en xogadas a balón parado. Mayuyo deu o testigo a Seluco, que antes e despois do descanso marcou 3 goles claves.

Zas - Castriz (1-2)

  • ZAS: Elías, Martin (Dani, min.70), Mancebo, Lagoa, Óliver, Juan, Jaime, Rafa (Adrián, min.80), Pereiro, Pablo Muíño e Germán (Jorge, min.46).
  • CASTRIZ: Herrera, Prejo, Martín, Alberto (Sergio, min.65), Toño, Mauri, Alejandro, Pablo (Michi, min.50), Rubén, Jorge (Jonhi, min.30)(Marcos, min.80) e Sebas.
  • Goles: 0-1, min.20: Toño; 1-1, min.70: Pablo Muíño; 1-2, min.85: Toño de falta indirecta.
  • Expulsión: O local Jaime no min.25 por doble cartón.
Partido estrano en San Andrés onde o acerto de Toño cara gol foi clave para que os xalleiros leven os 3 puntos. Os de Felipe Solís, aínda con baixas e sen ter perfilado o equipo tipo con tanta cara nova, non tiveron sorte, e malia controlar boa parte do encontro non aproveitaron as ocasións. E iso que comezou o Castriz mellor posicionado, e controlando o balón. Toño adiantou aos xalleiros e o Zas tivo que subir liñas. Nin a expulsión de Jaime aos 25 minutos botou atrás ao Zas que ata xogou mellor con 10 que con 11. Pero fallaron moitas ocasións. Si marcou Pablo Muíño, que segue demostrando que esta Liga da Costa pode quedárselle pequena. O que tampouco fallou foi Toño, que nunha falta indirecta xa a 5 do final, marcou para traer 3 puntos a este irregular Castriz.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios