Venres. 29.03.2024
El tiempo
Alberto Pose
10:36
05/10/11

Primeiros Auxilios Básicos (II)

Primeiros Auxilios Básicos (II)

Seguimos esta semana con máis consellos e formas de actuar ante pequenos accidentes no mundo do balompé e así evitar que eses pequenos golpes, nos poidan apartar de xogar.

A semana pasada falabamos da importancia do botiquín e dos seus compoñentes que non todo o mundo sabe para que serven, e ímolo ver hoxe así por encima:

  • Alcohol: realmente non se utiliza para facer curas, pero si para darlle a arrecendo alguén mareado. Por que non para as feridas? Moi sinxelo, o alcohol é un “vasodilatador” (en Cristián: fai que sangremos máis), é moi agresivo para os bordes das feridas en caso de ter que suturar (tanto o de 96º como o de 70º) e porque pica moito. Así que: “nas feridas non se lle bota alcohol”.
  • Povidona Iodada (Betadine): é un moi bo antiséptico e utilizarémolo para todo tipo de feridas, agás nos ollos, oídos e cavidade bucal. A única precaución que hai que ter coa povidona iodada é a xente que sexa alérxica ao iodo.
  • Auga oxixenada (peróxido de hidróxeno H2O2): outro moi bo antiséptico que ten a mesma utilidade que a povidona iodada, quizás sexa máis recomendable nas feridas profundas onde o oxixeno reacciona cas bacterias anaerobias (bichiños que viven sen oxixeno e o entrar en contacto con el, morren).
  • Tiritas/Gasas: utilizarémolas para cubrir calquera tipo de ferida, para taponar algunha hemorraxia ou para acolchar algunha parte do corpo.
  • Sprays de frío: este tipo de sprays, exemplo o Réflex, utilizarase xusto no momento do golpe e sempre sobre a pel que estea sen danar. Utilizar sprays de frío despois de 48 horas non ten o mesmo efecto.
  • Pastas, pomadas, cremas de calor: utilizarase para quecer un grupo muscular mediante unha masaxe e evitar lesións musculares. Moito ollo con botar este tipo de produtos na zona de abdutores polo efecto de calor que da e que pode afectar as partes íntimas. Despois de utilizar estes produtos lavar ben as mans.
  • Vendas/Esparadrapo: as vendas utilizarémolas para suxeitar, como por exemplo unha gasa que cubre unha ferida na cabeza, pero nunca para inmobilizar, porque para inmobilizar, necesítase ter uns coñecementos e ten que ser persoal formado.
  • Algodón: o algodón non é recomendable por sobre as feridas, xa que se desprende microfibrillas que quedan na ferida, podendo provocar unha infección.

Para rematar o artigo de hoxe imos con un par de leccións: 

  • O mellor antiinflamatorio é o frío e ante calquera molestia muscular ou golpe e o mellor remedio nas primeiras 48 horas. Hai bolsas de xel no mercado que son moi útiles nos botiquins e senón o xeo nunha bolsa de toda a vida. Ollo! Nunca por o xeo directamente sobre a pel, xa que pode provocar queimaduras por frío. Aínda que o ideal sería que as cantinas dos campos tiveran un par de bolsas de chícharos nos seus conxeladores, por que? Por que as bolsas cos chícharos adáptanse mellor que nada a calquera parte do corpo, incluso mellor que as bolsas de xel.
  • O primeiro que hai que facer nunha ferida, é lavala con auga e xabón. Por que? Exemplo: se caemos nun campo de herba artificial e nos rascamos, haberá restos de caucho na ferida, e para eliminar ese caucho, hai que lavar esa ferida e non botarlle antiséptico encima.

Nos seguintes artigos veremos xa máis a fondo como facer unha cura ben, como cortar unha hemorraxia, etc.

Aproveito para dar os parabéns polo inicio de tempada que está a facer  e sorprendendo a moitos o Alcaián, que sen moitos medios parece que poden dar moito que falar. Parabéns ao equipo e o seu adestrador Víctor Pazos.

Máis artigos de Pablo Mouro

Máis información

Fonte

Comentarios