As Junior do ACB colócanse líderes

Foron as Junior do ACB as grandes protagonistas da fin de semana despois de vender ao seu máximo rival, o Calasancias, e auparse ao liderato da súa categoría.
Polo demais, a familia do ACB colleitaba varias derrotas pero deixando boa imaxe en todos os equipos.

Por Carballo, sete foron os partidos disputados polos equipos da familia Artai, nunha fin de semana marcada polas moitas baixas rexistradas nalgúns dos conxuntos. Por tal motivo foi suspendido o partido das cadetes que tiñan que xogar en Coruña pois seis das xogadoras estaban enfermas e algo parecido pasoulles ás infantís que perdían o seu primeiro partido da tempada ao ir ao mesmo co mínimo número de xogadoras. O balance é de tres vitorias (a do junior, a do cadete e a do benjamín C) e de catro derrotas.

Familia ACB

4ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CALASANZ (37-41)
  • ACB: Manu (2); Déril (5); Sergio (5); Nefri (3); Cristian (3,1T); Tinin (5); Pais (7); Adrián (4); Lucas (3,1T); Jose, Luciano, Diego.

Ante medio centenar de persoas con gañas de animar na grada o equipo do ACB Costa da Morte quería resarcirse dos malos partidos diante da súa afección e estiveron a punto de conseguilo. Na tarde do domingo se enfrontaban a un dos equipos lideres da categoría e aínda que empezaron algo durmidos o cambio a defensa zonal a mitade do primer cuarto permitiu aos ceenses chegar o descanso co tanteador igualado.

Un mal tercer cuarto en canto en ataque onde só conseguiron anotar un tiro libre, malia estar ben en defensa xa que os coruñeses so anotaron seis puntosm deixaron aos visitantes en vantaxe. Pero o empuxón de rabia dos costeiros no último cuarto foi o máis destacable do partido pois conseguiron recurtar a ventaxa de Calasanz e colocarse a so un so punto a falta de tres minutos. Enorme tensión nos minutos finais, que finalmente se acabaría levando o equipo coruñes gracias o acerto nos tiros libres e desicions arbitrais a favor.

En xeral bo partido do ACB, sobre todo en defensa, que mellorou respecto os últimos partidos. O fin de semana que ven viaxaran a Cambre.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE – CALANCIAS (45-40)
  • ACB: Lore (15); Tania (3); María (8); Lara (4); Laura (2); Carla (10); Vivi; Maria A.

Asalto o liderato por parte do enorme equipo Junior femenino. Na tarde do viernes en Cee enfrontábanse a priori os dous equipos máis fortes da categoría e o encontro non defraudou, gran intensidad no cadro ceense aproveitando a certa ventaxa que dá xogar en casa. As boas transicións das ceenses deronlle certa vantaxa ata o descanso pero Calasancias, moi experimentado, non ía dar o brazo a torcer tan fácilmente e trala reanudación o encontro estaba totalmente igualado.

No cuarto decisivo e cando máis falta facía o equipo costeiro sacou o seu mellor xogo e aproveitando todas as aportacións de cada xogadora do equipo, colleron unha vantaxe de 10 puntos que as coruñesas non serían capaces de recuperar, aínda que se achegaran perigosamente nos últimos segundos. O equipo junior e líder da categoría.

2ª División Cadete Feminina, xornada 13

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – OBRADOIRO (21-34)
  • ACB: Cyntia (4); Lucia F. (4);Carmen (2); Andrea (4); Maria A. (7); Lorena, Nerea, Salome, Elena.

Mal partido por parte das cadetes do ACB, con continuos erros en defensa e cun desacerto pleno de cara a canasta que ven sendo preocupante nos últimos partidos.
Derrota dura contra un rival directo, que agora mesmo se atopa dúas vitorias por encima. Aínda así o equipo segue na zona media da clasificación.

2ª División Infantil Masculino

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – EB XIRIA (38-48)
Os derbis entre Carballo e Cee se suceden semana tras semana e esta vez lle tocaba na categoría Infantil masculino. Gran partido dos rapaces costeiros que na súa casa cada semana se volven máis fortes e lle plantaron cara ata o final a un equipo sobre o papel, superior. E encontro arrancaba con boa intensidade defensiva de cara o locais, que con transicions rápidas conseguían ver aro con facilidade. Todo cambiaría tralo descanso cando os carballeses espabilaron e ca presión a toda a pista conseguiron levar a vitoria final moi reñida ata os últimos minutos.

2ª División Infantil Feminina

  • Resultado FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – UNIVERSITARIO FERROL A (38-58)

Na maña do domingo, nun pabellón municipal ateigado de aficion se enfrontaban as pequenas do ACB contra as líderes da categoría, e as ceenses desde logo non se amedrentaron. Boa defensa, sobre todo con máis coraxe que cabeza, que conseguían levar o marcador ao descanso con só unha mínima vantaxe para o equipo ferrolán que se viron sorprendidas polas gañas de equipo costeiro.
Na segunda parte a cousa cambiou, a mala defensa se veu abaixo e un mal arranque propiciou que as de Ferrol se sentiran máis cómodas e anotaran rapidamente ó contraataque. Aínda así, no último cuarto, lideradas por Lucia e canastas desde o perímetro de Manuela, volveron dar a cara aínda que o partido xa estuvera decantado para o equipo visitante.


Familia Artai

1ª División Junior Masculino, xornada 11

  • Resultado: CB ARTAI - CB SANTYAGO (70-84).
  • CB ARTAI ( 13 19 18 20): Jorge (11), Xabi (16), Manu (11), Carlos (6), Pablo (2), Melini (4), Aítor (3), Anxo (2), Marcos (4), Dani (1), Jaime e Alex.

Partido xogado na noite do sábado en Zona Escolar correspondente á última xornada da primeira volta. A mellor entrada de seguidores da tempada con preto de douscentos afeccionados.
Partidazo o vivido o sábado en Carballo, como vén sendo norma todas estas tempadas entre estes dous equipos e entre os dous técnicos, Javier Cotelo e Jorge Vázquez. Moita tensión, moi bo xogo por parte de ambos equipos e vitoria que se foi para a cidade herculina grazas á súa maior regularidade ao longo dos catro periodos.

Gran mérito dos locais, capaces de resistir os múltiples intento visitantes de "romper" o partido (en varias ocasións, nos tres primeiros cuartos colleron máis de dez puntos) baseadas todas estas remontadas no gran xogo coral dos xogadores de Cotelo. Pero o gran xogo ofensivo e a boa defensa coruñesa, intensa e moi dura os corenta minutos, foron un obstáculo enorme para os carballeses.

2ª División Junior Masculino, xornada 11

  • Resultado: BALONCESTO CAMBRE REVESDUYO - EB XIRIA (29-61).
  • Parciais: 8-9; 10-34; 17-54; 19-61
  • EB XIRIA ( 9 25 20 7): Fran (2), Diego (7), Antonio (3), Sergio (8), Mario (6)-cinco inicial-Feli, Juan (3), Andrés, Alberto (8), Fidi, Xoel (18) e Marcos (6).

Nova vitoria dos carballeses nun partido de claro dominio dos xogadores de Joaquín e de Jordi pese a que "entraron" moi tarde no mesmo. O primeiro parcial, 8 a 9, foi un espexismo pois foi apretar en defensa os carballeses e dispararse as diferenzas. O segundo cuarto foi clave cun parcial de 2 a 25 que deixaba o partido sentenciado. Minutos para todos os xogadores do equipo e debut na categoría de Fidi, pertencente ao equipo cadete ,sendo o cuarto xogador que xa debuta este ano no equipo junior (os anteriores fosen Adrián, Anxo e Pablo Carballo).

2ª División Cadete Masculino, xornada 9

  • Resultado: CB Artai - Básquet Coruña (67-20).
  • Parciais: 17-2; 32-9; 45-12; 67-20.
  • CB ARTAI (17 15 13 22): Luciano (8), Pozas (21), Pablo (6), Jota (10), Adrián (12), Pablo Belo (2), Santi Rei (2), Raúl (2), Santi Pena, Javi López, Juan e Javi Souto.

Partido ante o último clasificado da liga, cunha clara superioridade local nos 40 minutos disputados no pabellón Vila de Noia. Malia as ausencias de Anxo por lesión, e Javi Souto e Javi López en viaxe escolar, o equipo estivo moi concentrado en tarefas defensivas, sen conceder ao equipo visitante opcións claras de anotar, con todo demasiados erros no tiro en situacións claras de anotación, fixo que a diferenza final quedase nun 67-20.

Outros resultados da familia Artai

Liga Provincial Infantil Feminina, xornada 7

  • Resultado: CB Artai - Escravas (26-29).

2ª División Alevín Masculino

  • Resultado: Calasanz - CB Artai B (57-53).

Benxamín Masculino

  • Resultado: CB Artai A -Liceo A Paz (11-61).
  • Resultado: CB Artai C - EMBAL Laracha (59-50).

30º aniversario do Basket Xiria

Comezan os actos do 30º aniversario de Basket Xiria. Este mércores contarán coa visita de xogadores do Basquet Coruña ao colexio Artai, a partir das 11 horas (temos pendente de confirmar visita ao Fogar). Repartiranse 1.800 invitacións entre os escolares de Carballo para o partido do xoves entre o Leyma Basquet Coruña e o COB Ourense (pavillón Vila de Noia, 20.15 horas).

Novas relacionadas

Fonte