O ACB xa voa


Xornada completa para os equipos do basket costeiro. Uns partidos que deixaron, como nota máis positiva, un gran partido dos sénior do ACB, un partido dos que había tempo que non se vía.
Pero esta fin de semana, ademais dos partidos, e gracias á Federación Galega de Baloncesto, déronse cita diverso persoal do clube para o curso que impartía a Federación de Oficial de mesa de Baloncesto, que tivo moi boa acollida e para a fin de semana que ben empezara o de Arbitro Principal, tamén aberto a toda persoa que que estea interesada.
Unha familia que descansa a vindeira xornada por mor da ponte.
Por Carballo, Non foi unha boa xornada para os artaicos esta de o último fin de semana do mes de novembro; só as infantís, o benxamín A e o prebenxamín C lograron gañar os seus respectivos partidos. O resto, ata un total de seis, saldáronse con derrotas, sendo as máis duras as dos dous equipos junior, claramente derrotados nos seus duelos fronte a Maristas da Coruña e Rosalía de Santiago.
Tamén se tiveron que aprazar dous dos partidos dos equipos do club; o cadete masculino por petición do Básquet Coruña e o cadete feminino pola non disponibilidad de árbitros. Ambos quedaron fixados para o día 20 de decembro.
Dentro das noticias positivas, destacar que o técnico das cadetes e dos infantís foi nomeado o fin de semana o seleccionador alevín feminino coruñés. Unha nova muesca no palmarés de Iván Villaverde que ten a súa primeira cita o sábado día 6 de decembro en Santiago de Compostela.
4ª División Sénior Masculina
- Resultado: ACB Costa da Morte - Vintage 67 (75-53)
- Parciais: 18-10 / 17-14 / 16-13 / 24-16.
- ACB Costa da Morte: Manu (18, 2 Triples), Déril (18, 1 Triple), Sergio, Cristian (6), Lucas (3,1 Triple) – 5 Inicial – Pais (14), Tinin (6), Adrián (9, 1 Triple), Luciano (1), Jose, Nefri.
Partidazo do ACB Costa da nMrte como había tempo que non se vía. Na maña domingo se enfrentaban os costeiros contra Vintage 67, un equipo experimentado na categoría pero que só asistía o encontró con 6 efectivos e dos cales un se mancou no quecemento, situación que condicionou moito o seu partido e dos que os ceenses superon sacar ventaxa. Desde o principio saíron a polo partido, cun ritmo altísimo, e cos contraataques de Manu e Déril xa colleron ventaxa no marcador desde o principio.
O ritmo alto ao que querían xogar os ceenses tamén se uníu a boa defensa con moitos roubos de balón e sen apenas facer faltas, algo que xa viñan facendo ben nas últimas xornadas. Os herculinos non se renderon e no terceiro cuarto a diferencia estaba en dez puntos, apareceu entón o xogo interior e con Pais e Tinín inspirados volveron a despegarse no marcador. Un triple de Lucas nos últimos segundos do cuarto case sentenciou o partido.
No último cuarto seguiu a defensa, con todo o equipo implicado, o que fixo que os ceenses seguiran con tensión en ataque, anotando tamén desde a liña de tres puntos o que resolveu o tanteador final. Enorme partido de todo o equipo, incluidos os Junior que xogaban, Cristian, Adrián e Luciano, e esperan seguir con esta dinámica dentro de quince días tamén en Cee.
2ª División Junior Masculina
- Resultado: C.E. CUME CEE – C.B. ARTEIXO (31-55)
Na reanudación todo cambiou, o de Arteixo con máis oficio e experiencia, e sobre todo cunha defensa moito mais motivada conseguiu darlle a volta o encontró e irse o último cuarto cunha diferencia de seis puntos. Eran só 6 puntos, o partido seguía moi vivo, pero os costeiros, ben polo cansanzo ou ben pola boa defensa dos visitantes so anotaron un tiro libre en todo o cuarto. Os de Arteixo si o fixeron e nos últimos minutos de despegaron no marcador e se levaron unha victoria moi merecida.
2ª División Junior Feminina
- Resultado: E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA LEYMA 97 (47-35)
As Junior seguen ao seu e se colocan no segundo posto da clasificación a só unha vitoria do liderato. Esta vez a presa foi o Basket Coruña, un rival sempre difícil e con moito baloncesto nas suas filas.
As costeiras saíron intensas e o seu mellor xogo chegou na primeria parte, boa circulación de balón e defensa intensísima, que facia que as coruñesas so anotaron dous tiros libres e ninguna canasta de campo en todo o segundo cuarto. A diferencia ao descanso era de 20 puntos o que dou lugar a que a segunda parte foran menos intensas e as herculinas se acercaran no marcador ao final do partido. Aínda así as de Cee mantiveron a calma e non deron ninguna posibilidade de que a vitoria non se inclinara do seu lado.
2ª División Cadete Feminina
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB ARTEIXO (38-35)
As de Cee e Arteixo viviron unha tarde de rivalidade con dous partidos seguidos e se antes falabamos dos Junior, antes xogaran as cadetes, e esta vez a vitoria caeu do lado costeiro.
Partidos igualadísimo durante todo o encontro, as locais seguen botando de menos a Lucia, a base titular pero esta vez xogaron un partido enorme como equipo, destacando Maria Agulleiro con bos porcentaxes.
O partido chegou igualado o último minuto, as de Cee so gañaban por un punto. Arteixo fixo falta para buscar ter a ultima posesión esperando o fallo nos tiros libres, pero Carmen, igual que contra Obradoiro non se puxo nerviosa e anotou os dous tiros libres dandolle a vistoria final as ceenses.
2ª División Infantil Feminina
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – CB CULLEREDO (11-91).
2ª División Infantil Masculino
- Resultado: ESCOLA BASKET XIRIA – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (58-26)
O derbi desputabase esta vez na categoría infantil. En Carballo esta vez a victoria decantouse polo equipo local. Ainda que o partido se rompeu rápido, os costeriros deron guerra hasta o final e venderon cara a victoria, merecida para os de Carballo.
Os costeiros aínda non consegueron gañar no que vai de liga pero o bo baloncesto desputado nos últimos partidos dalles confinza en que a poden conseguir pronto.
Pequebasket
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – CB NOIA (26-73)
2ª División Sénior Masculino
- Resultado: Peleteiro - Carballo a un paso (46-60)
- CARBALLO A UN PASO: Sergio Tomé 15, Hector Añón 15, Fran Cristobal 5, Ruben Pereira, Roi Vega 1, José Tato 11, Juan Fernandez (baja), Javi Argüelles 5, Luis Gomez 7 , Pablo Moreira 1.
Nova vitoria do equipo Carballo a un paso , co que se coloca como líder en solitario da 2ª División Masculina. Pese a un mal inicio de partido e moitos erros en defensa de bloqueos directos e indirectos, houbo unha moi boa saída tralo descanso, acompañada de acerto en todos os aspectos do xogo. Non se permitiron segundas opcións nin contraataques do rival.
No último cuarto, Peleteiro a punto estivo de dar un susto ao equipo Carballés, xa que realizan unha presión agresiva, e o equipo de Basilio Pampín non sabe adaptarse a esta nova situación de partido.
A mellorar a saída de presión e o pase, tanto en ejecución como en recepción, o que permitirá que o equipo consolídese como líder da liga.
1ª División Júnior Masculino, xornada 6

- Resultado: INSTITUTO ROSALÍA - CB ARTAI (91-61).
- Parciais: 27-9; 17-22; 22-14; 25-16.
- CB ARTAI (9 22 14 16): Carlos (7), Anxo (4), Marcos, Jorge (8) e Xabi (10) -CINCO INICIAL- Aitor (8), Dani (2), Manuel (4) Pablo Moreira (17) e Jaime.

Vitoria clara dos locais, dos xogadores compostelanos que apenas sidieron opción aos xogadores de Cotelo. O primeiro cuarto marcou o devir do partido e salvo o intercambio de canastras iniciais, o resto foi un monólogo dos locais que situaban o marcador nun claro 27 a 9 que deixaba o partido moi costa arriba aos de Cotelo. Mérito enorme, iso si, dos carballeses, que pese ao marcador durante o segundo cuarto e o terceiro impediron que as diferenzas fósense máis aló dos vinte puntos e quedásense sobre a decena. Pero tanto esforzo pagáseno caro nos minutos finais do terceiro parcial e no último, onde a diferenza no marcador íase ensanchando ata chegar aos trinta puntos finais.
1ª División Júnior Masculino, xornada 7
- Resultado: EB XIRIA - MARISTAS (35-83).
- PARCIAIS: 10-26; 23-48; 29-66; 35-83.
Presumíase que era o partido da xornada pois se enfrontaban os dous primeiros clasificados ,empatados con cinco vitorias, os coruñeses o mellor ataque (máis de cen puntos por partido) e os carballeses, a mellor defensa (menos de 40 puntos encaixados por partido) pero pouco durou o partido. Aos tres minutos o marcador sinalaba un 8 a 2 para os locais o que obrigaba a Pablo Cayado a pedir tempo morto .Tralos sesenta segundos do tempo morto pasou un ciclón polo pabellón carballés. Nin os dous tempos mortos locais dous e seis minutos despois serviron para frear a avalancha de xogo e de puntos dos coruñeses. Un parcial de 2 a 24 para os visitantes finiquitaba un partido e deixaba claro cal será o equipo que acabe líder o grupo. Nada puideron facer os carballeses para frear o xogo coruñés, nin os cambios defensivos, nin as defensas zonales, nada serviu para parar o xogo dos homes de Pablo.
1ª División Infantil Masculino, xornada 5
- Resultado: SOLOGAS - CB ARTAI (57-40).
- PARCIAIS: 11-8 18-4 18-17 10-11.
- C.B. ARTAI: Carlitos (7), Edu (10), Manu (9), Rubi, Marco (4), Pablo, Pérez (6), Iván, Mario (2), José (2).
Os carballeses visitaban a un Sologas acomodado na zona alta con tan só unha derrota. E pronto deu mostras do por que da súa posición na táboa. Cunha defensa agresiva, ao límite da falta, os ferrolanos conseguían as primeiras vantaxes do choque. Os xogadores de Iván puxéronse as pilas tras un tempo morto no que entraron perdendo 6-0, para acabar o parcial 8-11.
Segundo cuarto para esquecer. Con Castro, xogador máis alto de Sologas, asentado no medio e medio da zona aos carballeses se lle nublaron as ideas. Os tiros non entraban, o rebote era misión imposible e os ferrolanos cortaban calquera acción de contraataque con falta. Así os do colexio estiveron as primeiros 8 minutos do cuarto sen anotar, para un 18-4 final que poñía as cousas moi complicadas.
E segundo parte igualada na que os ferrolanos administraron ben a vantaxe e os do cole non terminaron de reaccionar.
Non foi o mellor partido dos do cole, que non tiveron a paciencia para atacar unha defensa difícil de abrir e trataron de facer demasiadas guerras pola súa conta. No entanto, brillaron no balance e defenderon correctamente.
Novas relacionadas
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.