As mellores xogadoras de FS da Costa enfrontarase ao Orzán en Vimianzo
O I Trofeo Concello de Vimianzo enfrontara ó Orzán SD de 2ª División contra unha Selección da Costa da Morte. O partido será o vindeiro venres 22 de abril ás 17:30h no Campo Municipal de Vimianzo, e xa temos convocatoria.
A cita seguro que ten unha grande acollida na capital soneirá como a tivo o partidazo de Solteiras contra casadas de hai un mes.
Un xurado moi especial
Ao remate do partido entregaranse Trofeos ó 1º e 2º clasificado e un MVP á mellor xogadora do partido. E cómpre facer mención especial ao xurado do MVP, que estará ¡formado polos candidatos á Alcaldia de Vimianzo, Alejandro Rodríguez (Independientes por Vimianzo), Jose Antonio Miñones (PSOE), Manuel Antelo (BNG) e Carmen Borbujo (PP). Impresionante o Fisober unindo o Concello.
Convocatoria da Selección da Costa da Morte
A 1ª Selección da Costa femenina de fútbol 11 xa vai collendo forma. Os organizadores intentaron abarcar toda a Costa polo que foron convocadas un total de 20 xogadoras desde Carnota ata Caión.
- Porteiras: Paula Lema (Vimianzo), Eva Lema (Muxía).
- Defensas: Rita Lema (Fisterra), Marta Otero (Caion), Sara Vázquez (Camelle), Elsa Souto (Sofán), Ylenia Rodríguez (Corcubión), María Pérez (Dumbria), Tamara Ramos (Vimianzo).
- Medios: Nuria Paz (Muxía), Barca Toba (Muxía), Ana Mouzo (Vimianzo), Patri Romani (Muxía), Olalla Veres (Corme), Mirella Ventura (Ponteceso), Noelia García (Vimianzo), e Lara Gómez (Carballo).
- Dianteiras: Alba Cambeiro (Carnota), Andrea Romero (Fisterra) e Andrea Sendón (Carnota).
Nova relacionada
Máis novas
- Os pequenos futbolistas de Carnota e Camariñas triunfan na Fase Intercomarcal.
- Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca.
- A final entre Casadas e Solteiras si que tivo tirón en Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa de Fran Toba.