mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os pequenos futbolistas de Carnota e Camariñas triunfan na Fase Intercomarcal

Os pequenos futbolistas de Carnota e Camariñas triunfan na Fase Intercomarcal

Este sábado disputouse o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala nas categorías benxamín, alevín e infantil dentro do programa Xogade. Dous equipos da zona, As Baleas e Concello de Carnota, actual campións da Liga Costa da Morte, participaban no mesmo. E con bos resultados ademais.

O equipo benxamín de Carnota acadou un bo resultado aínda que non puido conseguir o primeiro posto. Carnota xogou o primeiro partido contra o Noia cun resultado de 2 a 8 pasando á final contra o Negreira. Éste partido moi disputado con resultado de 3 a 1 favorable ó equipo nicrariense.

Os que si conseguiron a vitoria foron os cativos das Baleas en categoría Alevín. Ademais, os infantís quedaron 3º. Deste xeito os alevíns disputarán o Campionato Provincial que se disputará na Pobra do Caramiñal o vindeiro día 7 de maio.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios