As xuvenís do Dumbría ascenden á Liga Galega e as cadetes manteñen a categoría
Doble boa nova para pechar a exitosa campaña do Volei costeiro.
Ascenso das xuvenís á Liga Galega
As xuvenís do Volei Dumbría necesitaban un set para poder xogar a vindeira tempada en Liga Galega. E non lle bastou co set, senón que gañaron o partido ante Bertamiráns por un rotundo 0-3 (22-25, 18-25, 21-25), nun encontro no que foron moi superiores en todas as facetas do xogo.
As cadetes manteñen a categoría
Máis dificil o tiñan as cadetes do Volei Dumbría que no encontro de ida perderon por 3-1 ante Os Bacelos de Dodro. Tiñan que acadar un resultado de 3-0 para poder manter a categoría, e así o fixeron ganando por 3-0 (25-17, 25-21, 25-12) nun encontro que foi máis compricado do que reflexa o resultado.
I é que no segundo set as de Dodro adiantaronse por un 19-21 e de perder ese set o equipo dumbriés descendería. Pero unha gran reacción das rapazas do Volei Dumbría permitiu remontar ata o final do set. Destacarón por parte das dumbriesas Paula Castiñeira, Alejandra Caamaño e Ana Trinidad.
Balance máis que positivo
Deste xeito remata a tempada de pista para o volei da Costa cun resultado positivo xa que mantiveron os seus postos en liga galega e as xuvenís ascenderon. A continuación empeza a tempada de volei praia.
Novas relacionadas
- Os infantis do Manuela Rial buscarán en Ourense proclamarse campións galegos de volei.
- O equipo xuvenil femenino do Volei Dumbría encarrila o seu ascenso á Liga Galega.
- Os equipos de maiores do volei costeiro rematan unha boa campaña.
- As xuvenís do Volei Dumbría novas campionas provinciais.
- Vitorias e derrotas clarificadoras para o volei costeiro.
- Dous xogadores do Manuela Rial repiten na Selección Galega de Volei.
- Xornada exitosa para o volei Costeiro.
- 14-12-10: 4 xogadores do Manuela Rial á selección provincial de volei.
- 13-04-2010: 3 rapaces do Manuela Rial disputaron o Campionato de España de Volei.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.