Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os infantis do Manuela Rial buscarán en Ourense proclamarse campións galegos de volei

Os infantis do Manuela Rial buscarán en Ourense proclamarse campións galegos de volei

Se esta semana viamos como as xuvenís encarrilaron o ascenso á Liga Galega, hoxe coñecemos as últimoas novedades dos infantís do Manuela Rial Mouzo. Un equipo plagado de estrellas que xa son habituais da Selección Galega como Javier Domínguez (o número 10 na foto) e Juan Carballo (o 7).

I é que o equipazo ceense ten este sábado día 9 de abril, unha gran final: o Campionato Galego de voleibol infantil masculino no pavillón Paco Paz de Ourense.

A primeira semifinal enfrontará ao Voleibol Orense fronte ao Emevé de Lugo, ás 10 da mañá. Ás 12:00 xogarase a segunda semifinal entre o Calasancias da Coruña e o Manuela Rial de Cee. Os gañadores de ambas as semifinais disputarán a final a partir das 19:00, mentres que o terceiro e cuarto posto disputarase ás 17:00 horas.

Os equipos que xoguen a final clasificaranse de xeito automático para o Campionato de España que se disputará en Almería do 11 ao 15 de maio.

O equipo ceense fórmano: Juan Carballo, Javier Domínguez, David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Pérez, José Miguel Caamaño, José Manuel Bermúdez,Maikel Mouzo, Manuel Avó e Maikel Cambeiro.

O obxectivo do equipo é mellorar o terceiro posto conseguido a tempada pasada en Vigo e poder acudir así ao Campionato de España.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios