O equipo xuvenil femenino do Volei Dumbría encarrila o seu ascenso á Liga Galega


Non puideron empezar mellor as xuvenís do Volei Dumbría a Fase de Ascenso á Liga Galega. No cruce de ascenso disputado en Dumbría as locais venceron claramente a Bertamirans por 3-0 (25-15, 26-24, 25-11) nun partido no que o saque das dumbriesas foi decisivo para marcar as diferenzas.
Este domingo 10 de abril ás 10:30h as dumbriesas xogaran a volta en Bertamiráns e se conseguen un set xogaran na vindeira tempada na liga galega cos mellores equipos de toda Galicia.
No outro cruce o Volei Dumbría cadete femenino perdeu por 3-1 (25-21 / 26-28 / 25-12 / 26-24) no partido de ida disputado en Dodro ante Os Bacelos. Neste caso as dumbriesas notaron as baixas e non souberon competir e terán que conseguir unha vitoria por 3-0 para manter a sua categoria en liga galega este sábado a partir das 11:00 h no pavillon de Dumbría.
Este sábado tamen se celebra en Ourense a final do campionato galego infantil.
Novas relacionadas
- Os equipos de maiores do volei costeiro rematan unha boa campaña.
- As xuvenís do Volei Dumbría novas campionas provinciais.
- Vitorias e derrotas clarificadoras para o volei costeiro.
- Dous xogadores do Manuela Rial repiten na Selección Galega de Volei.
- Xornada exitosa para o volei Costeiro.
- 14-12-10: 4 xogadores do Manuela Rial á selección provincial de volei.
- 13-04-2010: 3 rapaces do Manuela Rial disputaron o Campionato de España de Volei.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.