Axenda futboleira para a fin de semana
Completa chega a primeira fin de semana de maio no fútbol da Costa. Tralos fantásticos Dezaseisavos da Copa da Costa volve a realidade da liga regular, con pouco en xogo na Preferente e na 3ª, pero moito por loitar aínda na 1ª e na 2ª Autonómica.
E tras botar un ollo ao parte de sancións, comezamos pola Preferente, con aínda 3 xornadas para o final pero pouco interese para os nosos. O XSC pode asegurar a 5ª praza vencendo ao Dubra, mentres que o Dumbría viaxará a Chantada e o Soneira nada menos que a Boiro, ambos loitando pola 8ª praza.
En 1ª Autonómica chegan as xornadas claves. Ponteceso, Camariñas e Fisterra seguen coa soga ao pescozo, e con 37, 35 e 33 puntos respectivamente, non poden fallar. De auténtica final falamos nese Camariñas-Laro. O cadro visitante ten só 3 puntos menos que os camariñans e de vencer no Hermanas Patiño, onde Berto aínda non coñece a vitoria, sairía do descenso metendo ao Fisterra e ao propio cadro camariñán. Non pode perdoar, e menos despois da "cagada" da semana pasada, o Fisterra ante un Villestro que non se xoga nada. A favor, Ara Solis, que de seguro arroupará ao seu equipo. Ademais, o Ponteceso que chega cunha lixeira vantaxe, recibirá a un Noia que non quere perder a ocasión de meterse no ascenso. Todos terán un ollo no Piloño-Flavia, pois o cadro padronés é o outro equipo inmerso na loita por evitalo descenso.
Na 2ª Autonómica a atención céntrase na loita polo título e máis na 1ª, máis que nada polos arrastres, i é que co Montelouro e o Dumbría B descendidos, o Cabana quere evitar a primeira praza de arrastre ou rezar para que non descenda ningún veciño de arriba. Na loita polo titulo, unha vez que o Cee xa se despedía practicamente mesmo da promoción, a Esteirana, con dous puntos sobre o Baio, recibe ao Carnota, mentres que os baieses reciben a un Sofán envalentonado trala Copa.
Na 3ª, o IDC xa co ascenso directo asegurado, pode sentenciar o título vencendo a un dos equipos en mellor forma, o Laxe. O Porteño, se vence ao pechacancelas asegurará tamén o ascenso directo, mentres que Camelle, Soneira B, Cerqueda e Laxe poderán ir afiando espadas para a promoción.
E chegan as semifinais da Copa da Costa Xuvenil. E vaia semis, cun Malpica-Dumbría en todo o alto, cos dous equipos que aspiraban a todo na Luiguilla dos mellores e que quedaron ás portas da Fase de Ascenso, e que poden resarcir a tempada cun título de Copa. Polo outro lado, o Outes, a sorpresa da Copa, enfróntanse a un dos equipos máis potentes da categoría, todo un Cabana, cambión da Liguilla de campións, que quere seguir en competición ata a Fase de Ascenso.
Mentres, a Liga Galega Cadete dá un salto cara atrás no tempo e tras disputar o sábado a xornada 32 esta semana toca a 30. E non pode fallar de novo o cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis, pois o Ural terao fácil ante o Oroso e de non gañar ao Calasanz os coruñeses os alcanzarían a falta de 4 partidos para o remate da liga, nesa loita polo ascenso á División de Honra Cadete.
Os que tamén están de Copa son os Veteranos, que afrontan a volta da Previa. Son varias as eliminatorias sentenciadas, pero hai outras con moita tensión, como a que xogan os finalistas do pasado ano, Corcubión e Castriz, que na ida os corcubioneses sorprendían, como na final pasada, e traen un 2-3 para o Cubaleiro.
Preferente, xornada 25
Chantada | 05/05 - 17:00 | Dumbría |
Xallas StComba | 05/05 - 17:30 | Dubra |
Boiro | 05/05 - 18:00 | Soneira |
1ª Autonómica
Bertamiráns B | 04/05 - 18:30 | Malpica |
Fisterra | 05/05 - 17:00 | Villestro |
Ponteceso | 05/05 - 17:00 | Noia |
Camariñas | 05/05 - 18:00 | Laro |
2ª Autonómica
Buño | 05/05 - 17:00 | Montelouro |
Corcubión | 05/05 - 17:00 | Cabana |
Cee | 05/05 - 17:00 | Volantes |
San Lorenzo | 05/05 - 17:00 | Castriz |
Dumbría B | 05/05 - 17:00 | Outes |
Esteirana | 05/05 - 17:00 | Carnota |
Baio | 05/05 - 17:00 | Sofán |
Mazaricos | 05/05 - 17:00 | Zas |
Muros | 05/05 - 18:00 | Corme |
3ª Autonómica
Camelle | 04/05 - 17:00 | Soneira B |
Baíñas | 05/05 - 17:00 | Nantón |
Castrelo | 05/05 - 17:00 | Porteño |
Lira | 05/05 - 17:00 | Coristanco |
Indep. Carballo | 05/05 - 17:00 | Laxe |
Muxía | 05/05 - 17:00 | Xaviña |
Corcoesto | 05/05 - 17:00 | Cerqueda |
- Descansa Ameixenda.
- Fisterra B - Alcaián (0-2) - pola retirada do filial fisterrán.
Copa da Costa Xuvenil, Ida das Semifinais
Liga Galega Cadete, xornada 30
Bergantiños | 05/05 - 12:00 | Sp. Coruñés |
Calasanz | 05/05 - 12:00 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 25
Cee | 3-5 | Porteño |
Xallas StComba | 04/05 - 10:30 | Ponteceso |
Muxía | 04/05 - 10:30 | Baio |
Coristanco | 04/05 - 10:30 | Fisterra |
Muros | 04/05 - 10:30 | Con. de Carnota |
Zas | 04/05 - 11:00 | Esteirana |
Cabana | 04/05 - 16:00 | Outes |
1ª Infantil, xornada 29
E.M.F. Vimianzo | 03/05 - 18:30 | Muxía |
Cee | 04/05 - 12:00 | Os Miudos |
Cabana | 05/05 - 10:30 | Ponteceso |
Outes | 05/05 - 10:30 | Coristanco |
Sofán | 05/05 - 10:30 | Corme |
Xallas StComba | 05/05 - 10:30 | Baio |
Esteirana | 05/05 - 11:00 | As Baleas |
- Descansa Fisterra.
Copa da Costa de Veteranos, Volta da Previa
Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- Parte de sancións cargado para o Cee.
- Copa da Costa: Crónicas completas dos Dezaseisavos.
- Xa temos Oitavos da Copa da Costa.
- Xuvenís: Servidas as semis da Copa tras uns tensos Cuartos.
- 3ª Autonómica: O IDC celebra o ascenso e o Porteño gaña o derbi.
- 2ª Autonómica: O Cee despídese do ascenso e os de abaixo rezan contra os arrastres.
- 1ª Autonómica: Ao borde do abismo.
- Preferente: Pasando xornadas.
- Resultados e análise da xornada da última fin de semana de abril.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).