mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira para a fin de semana

Axenda futboleira para a fin de semana
Imaxe do Cee-Dumbria da Copa-Foto- Jorge Parri

Completa chega a primeira fin de semana de maio no fútbol da Costa. Tralos fantásticos Dezaseisavos da Copa da Costa volve a realidade da liga regular, con pouco en xogo na Preferente e na 3ª, pero moito por loitar aínda na 1ª e na 2ª Autonómica.

E tras botar un ollo ao parte de sancións, comezamos pola Preferente, con aínda 3 xornadas para o final pero pouco interese para os nosos. O XSC pode asegurar a 5ª praza vencendo ao Dubra, mentres que o Dumbría viaxará a Chantada e o Soneira nada menos que a Boiro, ambos loitando pola 8ª praza.

En 1ª Autonómica chegan as xornadas claves. Ponteceso, Camariñas e Fisterra seguen coa soga ao pescozo, e con 37, 35 e 33 puntos respectivamente, non poden fallar. De auténtica final falamos nese Camariñas-Laro. O cadro visitante ten só 3 puntos menos que os camariñans e de vencer no Hermanas Patiño, onde Berto aínda non coñece a vitoria, sairía do descenso metendo ao Fisterra e ao propio cadro camariñán. Non pode perdoar, e menos despois da "cagada" da semana pasada, o Fisterra ante un Villestro que non se xoga nada. A favor, Ara Solis, que de seguro arroupará ao seu equipo. Ademais, o Ponteceso que chega cunha lixeira vantaxe, recibirá a un Noia que non quere perder a ocasión de meterse no ascenso. Todos terán un ollo no Piloño-Flavia, pois o cadro padronés é o outro equipo inmerso na loita por evitalo descenso.

Na 2ª Autonómica a atención céntrase na loita polo título e máis na 1ª, máis que nada polos arrastres, i é que co Montelouro e o Dumbría B descendidos, o Cabana quere evitar a primeira praza de arrastre ou rezar para que non descenda ningún veciño de arriba. Na loita polo titulo, unha vez que o Cee xa se despedía practicamente mesmo da promoción, a Esteirana, con dous puntos sobre o Baio, recibe ao Carnota, mentres que os baieses reciben a un Sofán envalentonado trala Copa.

Na , o IDC xa co ascenso directo asegurado, pode sentenciar o título vencendo a un dos equipos en mellor forma, o Laxe. O Porteño, se vence ao pechacancelas asegurará tamén o ascenso directo, mentres que Camelle, Soneira B, Cerqueda e Laxe poderán ir afiando espadas para a promoción.

E chegan as semifinais da Copa da Costa Xuvenil. E vaia semis, cun Malpica-Dumbría en todo o alto, cos dous equipos que aspiraban a todo na Luiguilla dos mellores e que quedaron ás portas da Fase de Ascenso, e que poden resarcir a tempada cun título de Copa. Polo outro lado, o Outes, a sorpresa da Copa, enfróntanse a un dos equipos máis potentes da categoría, todo un Cabana, cambión da Liguilla de campións, que quere seguir en competición ata a Fase de Ascenso.

Mentres, a Liga Galega Cadete dá un salto cara atrás no tempo e tras disputar o sábado a xornada 32 esta semana toca a 30. E non pode fallar de novo o cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis, pois o Ural terao fácil ante o Oroso e de non gañar ao Calasanz os coruñeses os alcanzarían a falta de 4 partidos para o remate da liga, nesa loita polo ascenso á División de Honra Cadete.

Os que tamén están de Copa son os Veteranos, que afrontan a volta da Previa. Son varias as eliminatorias sentenciadas, pero hai outras con moita tensión, como a que xogan os finalistas do pasado ano, Corcubión e Castriz, que na ida os corcubioneses sorprendían, como na final pasada, e traen un 2-3 para o Cubaleiro.

Preferente, xornada 25

Chantada 05/05 - 17:00 Dumbría
Xallas StComba 05/05 - 17:30 Dubra
Boiro 05/05 - 18:00 Soneira

1ª Autonómica

Bertamiráns B 04/05 - 18:30 Malpica
Fisterra 05/05 - 17:00 Villestro
Ponteceso 05/05 - 17:00 Noia
Camariñas 05/05 - 18:00 Laro

2ª Autonómica

Buño 05/05 - 17:00 Montelouro
Corcubión 05/05 - 17:00 Cabana
Cee 05/05 - 17:00 Volantes
San Lorenzo 05/05 - 17:00 Castriz
Dumbría B 05/05 - 17:00 Outes
Esteirana 05/05 - 17:00 Carnota
Baio 05/05 - 17:00 Sofán
Mazaricos 05/05 - 17:00 Zas
Muros 05/05 - 18:00 Corme

3ª Autonómica

Camelle 04/05 - 17:00 Soneira B
Baíñas 05/05 - 17:00 Nantón
Castrelo 05/05 - 17:00 Porteño
Lira 05/05 - 17:00 Coristanco
Indep. Carballo 05/05 - 17:00 Laxe
Muxía 05/05 - 17:00 Xaviña
Corcoesto 05/05 - 17:00 Cerqueda
  • Descansa Ameixenda.
  • Fisterra B - Alcaián (0-2) - pola retirada do filial fisterrán.

Copa da Costa Xuvenil, Ida das Semifinais

Copa da Costa Xuvenil Semis 0,

Liga Galega Cadete, xornada 30

Bergantiños 05/05 - 12:00 Sp. Coruñés
Calasanz 05/05 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 25

Cee 3-5 Porteño
Xallas StComba 04/05 - 10:30 Ponteceso
Muxía 04/05 - 10:30 Baio
Coristanco 04/05 - 10:30 Fisterra
Muros 04/05 - 10:30 Con. de Carnota
Zas 04/05 - 11:00 Esteirana
Cabana 04/05 - 16:00 Outes

1ª Infantil, xornada 29

E.M.F. Vimianzo 03/05 - 18:30 Muxía
Cee 04/05 - 12:00 Os Miudos
Cabana 05/05 - 10:30 Ponteceso
Outes 05/05 - 10:30 Coristanco
Sofán 05/05 - 10:30 Corme
Xallas StComba 05/05 - 10:30 Baio
Esteirana 05/05 - 11:00 As Baleas
  • Descansa Fisterra.

Copa da Costa de Veteranos, Volta da Previa

Pincha na imaxe para ver o cadro completo

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios