Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe
O carballés Bruno López deixou de formar parte da disciplina camariñana esta mesma fin de semana. O xa ex-adestrador do conxunto camariñán e a directiva do Balonmán Encaixe chegaron a un acordo para rescindir o seu compromiso co clube, ambalas dúas partes deron o visto bó a un cambio no banco palilleiro, os motivos deste cese son varios, pero principalmente o desacordo e os diferentes puntos de vista entre adestrador e directiva.
Bruno López declarou: “o clube atópase nunha situación complicada tanto económica como deportivamente e eu nestes momentos non dispoñía da motivación necesaria para tirar adiante co proxecto, chegamos á conclusión de que un revulsivo podería ser un cambio no banco, as dúas partes estivemos de acordo e a pesar de ter diferentes enfoques nalgunhas cuestións a relación e completamente cordial e amigable”.
Bruno López agradeceu o trato recibido neste ano e medio pola directiva do clube e a xente da vila do encaixe: “coma en case todas as experiencias hai momentos bos e momentos malos, pero quédome coas cousas positivas, e sen dúbida a máis positiva foron as xogadoras, ás que lles desexo o mellor a partir de agora, xa que o merecen; ao igual que á directiva e a xente da vila que me trataron coma un máis da casa ”.
A directiva está a traballar na búsqueda do relevo para o banco Camariñán. Dende a directiva barallan varios nomes e o elexido darase a coñecer nos próximos días. Pola súa banda, Bruno está estudiando varias ofertas tanto no plano de xogador coma no de adestrador, algunha delas incluso de fóra de Galicia: “ teño varias opcións, algunha inmediata e algunhas xa de cara a tempada próxima, agora toca valorar e decidir”.
Crónica do último encontro
A última xornada de Bruno como adestrador do Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas foi no inicio da segunda volta, nun encontro contra o BM Rasoeiro de O Grove, no que o conxunto palilleiro caeu por un claro 11-21. O Encaixe afrontaba o encontro con importantes baixas ante un dos equipos con máis oficio da categoría.
O conxunto camariñán saíu cunha defensa presionante sobre a central pontevedresa que non permitía outra opción que os uns contra uns directos da extremo e lateral esquerdo visitantes; o bó facer de Sandra en portería non puido manter a igualdade no electrónico xa que os erros de lanzamento (lastre do conxunto camariñán ao longo da tempada) fixeron que a vantaxe fose aumentando de cara ao lado visitante ata chegar a un contntente 11- 4 ao descanso.
Na segunda metade un amago de reacción local por mediación de Laura e Sara sería contrarestado con dúas exclusións consecutivas para as camariñanas; as grovenses aproveitaron a superioridade numérica para restablecer a diferencia no marcador; ata o derradeiro 21 -11.
Vindeira cita
O Encaixe visita a cancha do BM Tui na seguinte xornada.
Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Encaixe acadou unha importante vitoria no derbi coruñés.
- Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya.
- O Balonmán Encaixe gaña e convence ante un rival directo.
- Nota de prensa do Balonmán Encaixe da man de Bruno López.