Cambio de líder nos dous grupos da Liga de Fútbol Sala de Carballo

O Construccións Brandón, no Grupo Azul, e o Talleres Sousa – Restaurante Seiruga, no Grupo Vermello, aproveitaron o descanso dos dous líderes para colocarse na cabeza da competición tras golear ao Viaxes Mar de Menta e ao Cafetería Habanos 79, respectivamente.

No grupo azul, viuse un dos partidos da xornada con dous equipos que presentaron as súas credenciais para loitar polo título de liga. O Asesoría Suárez e o Brasería Caracola deron un gran espectáculo no pavillón Carballo Calero para todos os presentes. Foi un encontro no que calquera puido ganar, donde reinou a deportividade e finalmente rematou cun xusto 3-3.

Con este empate o Brasería Caracola colócase no grupo de cabeza xunto co Construccións Maracaná, que venciu por 4 a 0 ao Deportes San Remo, co S2 Informática, que venciu cun claro 0-7 ao Mesón do Pulpo e co líder o Construccións Brandón, todos eles con 4 puntos.

No grupo vermello, debutaba o Tasca A Cunca – C&M Supermercado, que demostrou o seu potencial goleando ao Dluxe Carballo (9-3). Mentras tanto, o Bodegón Trincado sufriu máis do esperado ante o SAT Xulián, vencendo por un axustado 2 a 1. Os coristanqueses contan os seus partidos por victoria ao igual que o Peluquería Este-Oeste e o líder o Talleres Sousa – Restaurante Seiruga, que goleou ao Cafetería Habanos 79, no encontro da crónica da semana.

Crónica da semana: Talleres Sousa-Restaurante Seiruga - Cafetería Habanos 79 (8-2)

  • Talleres Sousa-Restaurante Seiruga: Jorge, Chols, Juanma, Óscar e Juan. Tamén xogaron: Breogán, Pedro e Luis.
  • Cafetería Habanos 79: Martín, Juan, José Antonio, David e Diego. Tamén xogaron: Marcos, Alberto, Matías e Héctor Lorenzo.
  • Goles: 0-1 m.6: Transición rápida do Habanos 79, que finaliza Diego. 1-1 m.13. Tras unha xogada combinativa, Breogán saca o lanzamento que empurra Pedro en liña de gol. 2-1 m.16: Lanzamento de Luís dende tres cuartos de pista que entra na portería coa inestimable colaboración de Martín. 3-1 m.25: Chols aproveita un mal rexeite da defensa para batir a Martín. 4-1 m.25: Roubo de Juanma en mediocampo que cede para que seu irmán, Pedro, marque a pracer. 5-1 m.27: Roubo de Chols en tres cuartos de pista, este cede para Pedro, que bate a Martín tras librarse da súa marca. 5-2 m.30: Xogada rápida do Habanos 79, que finaliza José Antonio cun tiro ao pau do porteiro. 6-2 m.37: Contragolpe dos locais que lanza Breogán que cede para que Pedro finalice a pracer. 7-2 m.37: Contra do Talleres Sousa-Rte. Seiruga, Óscar cede para Pedro finaliza a porta vacía. 8-2 m.39: Xogada individual de Pedro, que supera a Martín no man a man.
  • Árbitros: Pablo (pista) e Juan (mesa). Estuveron ben, sen problemas.

Partido con dúas caras o que puidemos ver na noite do martes no pavillón Carballo Calero de Carballo.
Na primeira metade, comezaría avisando o equipo local por medio de Juanma cun lanzamento que se vai rozando o longueiro, cando transcorría o minuto 5. Pero serían o Habanos 79 os que verían porta primeiro, logo dunha transición rápida que finaliza Diego ante Jorge. Logo dun período de transición, sin claras ocasións de gol empataría o Talleres Sousa-Rte. Seiruga cun gol de Pedro, logo dunha xogada combinativa do equipo violeta.

A partir desto, os locais poñeríanlle unha marcha, chegarían as ocasións de gol e finalmente o ansiado tanto da remontada logo dun lanzamento de Luis dende tres cuartos de pista. Co 2 a 1, e o Talleres Sousa-Rte. Seiruga indo de menos a máis chegaríamos ao tempo de lecer.

Á volta do tempo de lecer, habería dúas claves para que chegase a goleada, e serían os continuos erros en defensa dos visitantes o acerto de cara a gol de Pedro, o gran protagonista do encontro. O Talleres Sousa-Rte. Seiruga convertiu case todos os fallos defensivos dos visitantes en goles.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).