Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M

Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M
Final da Supercopa da Futsal Carballo

Comezou a tempada do fútbol sala en Carballo e como xa é costume fíxoo coa Supercopa, que disputaron o Tasca A Cunca/Supermercado C&M e o Asesoría Cervantes/InfoCoste.
Foi un choque moi igualado en canto a xogo pero as ocasións máis claras foron para os de Buño que tiñan como protagonistas a Jorge Calvete e Richard. Cada vez que conectaban estes dous o Asesoría Cervantes sufrían e moito.

Ao final, foron os penaltis os que decantaron a sorte para o Tasca A Cunca/Supermercado C&M.

Final Supercopa Futsal Carballo

  • Resultado: Tasca A Cunca/Supermercado C&M - Asesoría Cervantes/InfoCoste (2-2)
  • Tasca A Cunca/Supermercado C&M
  • Tasca A Cunca/Supermercado C&M: Brais, Jorge Calvete, Dani Calvete, Richard e Miguel Dourado. Tamén xogou: Manolo.
Asesoria Cervantes:InfoCoste
  • Asesoría Cervantes/InfoCoste: Diego Puente, Brice Alain, Diego Ferreiro, Alberto e Alberto “Tito”. Tamén xogaron: Pedro Caamaño, Pablo Fuentes e Julio.
  • Goles: 0-1 m. 4: Diego Ferreiro intérnase en campo contrario aproveitando a pasividade dos locais para batir a Brais cun gran lanzamento. 1-1 m. 13: Logo dun roubo de Jorge Calvete en mediocampo e este acomódase o esférico para sacar un lanzamento que entra na porta do Asesoría coa inestimable axuda do porteiro, Diego Puente. 2-1 m. 18: Miguel Dourado logo de aproveitar un rexeite da defensa visitante. 2-2 m. 31: Lanzamento de Brice Alain, que rexeita Brais e empurra Pedro Caamaño a gol.
  • Penaltis: 0-0: erra Julio; 1-0: marca Dani Calvete; 1-1 marca Diego Ferreiro; 2-1: marca Brais; 2-2: marca Pablo Fuentes; 2-2: falla Jorge Calvete; 2-3: marca Diego Puente; 3-3: marca Richard; 3-3: falla Alberto; 4-3: marca Miguel Dourado.
  • Árbitros: Arnejo e José Luis. Moi ben, sen problemas para levar o partido.

Comezaría avisando o conxunto de A Cunca aos trinta segundos de partido cunha gran xogada entre Richard e Jorge pero o lanzamento final deste bate no longueiro tras tocar nun defensa.

A pesar do arreón dos de Buño, serían os carballeses do Asesoría Cervantes/InfoCoste os que se adiantarían no marcador. Cando transcorrían catro minutos de encontro, Diego Ferreiro intérnase en campo contrario aproveitando a pasividade dos locais para batir a Brais cun gran lanzamento.

A partir do primeiro gol do partido, o partido sería de ida e volta pero sen claras ocasións de gol. Aínda que no treito final desta primeira metade, apretarían os de Buño e ese empuxe serviríalle para darlle a volta ao encontro, o primeiro logo dun roubo de Jorge Calvete en mediocampo e este tras acomodarse o esférico saco un lanzamento que entra na porta do Asesoría coa inestimable axuda do porteiro, Diego Puente. O tanto da remontada poñeríao Miguel Dourado logo de aproveitar un rexeite da defensa visitante. Os do Tasca A Cunca/Supermercado C&M incluso poderían aumentar a renda cando estaba a piques de rematar a primeira parte tras un transición rápida, Dani Calvete deixa para seu irmán Jorge e o lanzamento deste vaise ao pau.

Final da Supercoa Futsal Carballo

Á volta dos vestiarios, a segunda metade comezaría coa mesma dinámica que terminara a primeira, coa Cunca apretando con dúas ocasións de gol nos tres primeiros minutos co mesmo protagonista. Na primeira, Jorge Calvete avisa cun lanzamento que se vai a rentes do pau da porta defendida por Diego Puente. Minutos máis tarde a conexión Richard-Jorge volve a poñer en apretos a defensa visitante tras unha boa triangulación destes dous pero a vaselina de Jorge vaise fóra tras tocar na cruceta da portería. Pero respondería o Asesoría Cervantes/InfoCoste, cun gran lanzamento de Alberto que se vai ao pau logo dunha trasición rápida do equipo amarelo.

Empataría o equipo de Carballo aos 11 minutos desta segunda metade, tras un lanzamento de Brice Alain, que rexeita Brais e empurra Pedro Caamaño a gol.

A partir desto os equipos deixaríanse levar por mor do cansancio, e así chegaríamos ao final do encontro e esta supercopa teríase que decidir desde o punto fatídico, e esta vez a sorte acompañou ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M que se fixo co título na tanda de penaltis.

Penalti decisivo tirado por Miguel Dourado

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios