Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: Carnicería Eusebio e Cervecería A Troula comezan mandando

Liga FS Carballo: Carnicería Eusebio e Cervecería A Troula comezan mandando
Liga FS Carballo-Caracola-Meson O Pulpo-Foto-David Castro

O Carnicería Eusebio, no Grupo Azul, e o Cervecería Troula, no Grupo Vermello, son os primeiros líderes da liga regular Alonso Moda do Fútbol Sala de Carballo, logo das súas victorias ao Mar de Menta e ao Alicatados Señarís, respectivamente.

No grupo vermello, non houbo empates polo tanto hai un grupo de cinco equipos igualados en cabeza con tres puntos pero que lidera o Cervecería Troula logo do 7 a 0 que lle endosou ao Alicatados Señarís. Neste grupo tocoulle descansar esta xornada a un dos grandes favoritos ao título como é o equipo de Buño, o Tasca A Cunca – Supermercado C&M.

Mentras no grupo azul, tan só dous equipos foron quen de vencer, o líder Carnicería Eusebio vencería ao Mar de Menta por 5 a 2 e o Brasería Caracola gañaríalle ao Mesón do Pulpo – Ralarsa con máis sufrimento do esperado, nun encontro no que houbo ata un total de 13 goles, e o cal detallamos na crónica desta primeira xornada. O resto de equipos non pasarían do empate nos seus partidos. Neste grupo azul tocaríalle xornada de descanso ao Asesoría Suárez.

Xornada 1: Mesón do Pulpo-Ralarsa - Brasería Caracola (6-7)

Liga FS Carballo-Meson O Pulpo-Foto-David Castro
  • Mesón do Pulpo – Ralarsa: Domingo, Roberto, José Barca, Juan Marcos e Óscar. Tamén xogaron: Óscar Varela, Francisco, Javier Varela e Pablo Eirín.
Liga FS Carballo-Caracola-Foto-David Castro
  • Brasería Caracola: Sergio, Adrián Torres, Lagoa, Iván Rojo e Damián. Tamén xogaron: Sito, Omar, Marcos, Javi e Santi.
  • Goles: 0-1 m.1: Iván Rojo sorprende a Domingo cun lanzamento a cepa do poste. 0-2 m.3: Xogada combinativa do Brasería Caracola, que finaliza Adrián Torres. 0-3 m.7: Internada de Iván Rojo que saca un lanzamento que sorprende a Domingo tras tocar nun defensa. 1-3 m.10: Xogada individual de Óscar Varela, que sorprende a Sergio cun lanzamento cruzado. 2-3 m.17: Boa xogada colectiva dos locais, que finaliza Javi Varela. 2-4 m.19: Lagoa líbrase da súa marca e saca un mísil imparable para Domingo. 2-5 m.22: Gran xogada de Lagoa e este cede para que Adrián Torres marque a pracer. 3-5 m.23: Perda de Lagoa ante Óscar Varela, e este supera a Sergio cun lanzamento ao pau corto. 3-6 m.24: Adrián Torres cun gran lanzamento. 3-7 m.25: Iván Rojo saca un lanzamento que supera ao porteiro ante a pasividade da defensa local. 4-7 m.30: Balón en largo de Domingo, que define José Barca a trompicóns. 5-7 m.35: Recuperación dos locais en tres cuartos de cancha e define Óscar cun lanzamento dende a frontal da área. 6-7 m.38: Óscar sorprende a Sergio cun lanzamento de falta.

Partido tolo o que se viviu na noite do mércores no pavillón Carballo Calero entre o Mesón do Pulpo – Ralarsa e o Brasería Caracola.

Logo dun comezo fulgurante dos visitantes, que vencían por un claro 0 a 3 cando tan só transcurriran sete minutos de partido, os verdes reaccionarían e recortarían distanzas por medio de Óscar Varela e Javier Varela, a pesar de que o Brasería Caracola foi moi superior no treito inicial de partido. Entre medias, Francisco cabecearía a rentes do pau un córner botado Óscar. Segundos antes do descanso, Lagoa cunha xogada “marca da casa”, aumentaría de novo a vantaxe no instantáneo, tras sorprender a Domingo cun mísil.

Á volta do tempo de lecer, o partido volveríase de ida e volta dunha portería a outra. Este xogo beneficiaría ao conxunto do Mesón do Pulpo – Ralarsa, que a piques estivo de darlle a volta ao encontro, a pesar de que golpearían primeiro os visitantes por medio de Adrián Torres tras unha gran xogada de Lagoa. De novo, sería o local Óscar Varela o que recortaría distanzas no marcador. Nos seguintes minutos, parecería que os visitantes despertarían e poñerían o 3 a 7, en tan só un minuto con goles de Adrián Torres e Iván Rojo, que completarían os seus hattricks.

Pero un novo arreón do Mesón do Pulpo – Ralarsa poñería en vilo á familia dos azuis, que verían peligrar a súa victoria logo de que os locais fosen capaz de axustar o marcador ata o 6 a 7 final.

Vitoria merecida do Brasería Caracola nun encontro no que sufrirían ata o final, probablemente polo exceso de confianza.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios