Coñecendo a un pequeno carnotán camiño de triunfar en Villareal
Esta semana coñecíamos como un rapaz de Carnota toma rumbo a Villareal. Unha gran nova para a canteira do Fútbol da Costa, que ve como algunha que outra promesa segue medrando. Aos seus 13 anos, Martín García fichou polo Villareal CF, e estaremos atentos porque “o chaval está convencido de que vai triunfar”, como nos conta Alfredo Cambeiro, o seu mestre durante a súa formación en Carnota.
Martín García formouse nas Escolas Deportivas de Carnota con Cambeiro. No 2011, as Escolas Luís Calvo de Carballo viñeron por el, e por Brais e Ismael. A día de hoxe, Isma xoga nos Miúdos e Brais está no Dumbría da Liga Galega Infantil tralo seu paso polo Montañeros. É Martín, o que menos contaba para os bergantiñás dese trío, o que parece que ten máis futuro.
“Martín é un xogador diferente, un 9 moi forte, que batalla ca defensa, que pode caer polas bandas, que lle pega cos dous pés, e ten algo que se cotiza moito: o gol”, recoñece Cambeiro. Este curso en 11 partidos 22 goles sen tirar un penalti, e xogando partidos tamén cos cadetes. “Ese prototipo de xogador non o temos”, din dende Villareal.
Tivo ofertas do Celta, Atlético e do Deportivo, pero decantouse polo Villareal, pois foi invitado a ver as instalacións, e el pode entrenar e estudiar case que sen saír do recinto. Convenceron ao rapaz, e foi el quen decidiu, coa aprobación da familia, asesorado polo propio Cambeiro, e pensado que se saes de alí con posibilidade de xogar en calquera equipo de España.
Todo xurdíu a través de Milucho, ojeador da Costa para a 1ª División, que foi compañeiro de Cambeiro nos seus tempos no fútbol profesional no Gran Peña. Chamouno para preguntarlle por un rapaz despuntaba dende pequeno, pero que tivo unha progresión impresionante nos últimos anos. “Que razón tiñas dicíndome que Martín ía crecer”, dille agora Miucho ao amigo Cambeiro, convencidos de que o carnotán chegará moi alto.
”Quen ía dicir que Diego López, que saíu de Pasarela, que ía xogar no Milán, ou que o Angeliño ía saír de Coristanco e acabaría debutando na Premier co City”, soña Alfredo, demostrando o contenta que está toda a parroquia carnotña.
Novas relacionadas
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- A nova moda do Fútbol da Costa chámase Espinilleras Juan.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Entrevista co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).