Xoves. 18.04.2024
El tiempo
08:10
28/01/15

QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª

QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª
Emilio Uzal adestrador do Cerqueda Emilio Uzal na sua etapa como xogador Recén chegado ao Fútbol da Costa, Emilio Uzal xogou toda a vida na Coruña. Pasou por míticos equipos como Orillamar, Silva, Sp. Coruñés, Imperátor, Orzán, Arzúa, Eirís para rematar a súa carreira no Larín. Comeza a súa carreira como adestrador nas categorías de fútbol base nos cadros herculinos, Silva, Imperátor e Montañeros, sendo esta no Cerqueda a primeira experiencia nun equipo Sénior.
  • QPC: Como chega un coruñés de pro a ser adestrador do Cerqueda?
Pois a verdade que me chegou unha oferta do club, entre outras que tiña enriba da mesa, pero xa lle dera a palabra ao meu cuñado, o capitán Dani, de que se o equipo estaba interesado, eu fichaba encantado.
  • QPC: Que che atraía de Cerqueda?
Unha, vir a un fútbol diferente ao que vivín, e outra a de adestrar a un equipo senior, pois penso xa estaba capacitado despois das experiencias no fútbol base .
  • QPC: Que che parece o nivel competitivo do Fútbol da Costa?
Moi positivo, sorprendentemente positivo. Penso que un equipo como o Cerqueda non desentonaría na 2ª Autonómica coruñesa.
  • QPC: Que destacaría do Cerqueda?
O nivel de xogadores que tiña o equipo, pois Dani Seaia, Darío ou Javi Pazos xa os vira na Copa ante o Fisterra e me sorprenderan polo seu moi bo nivel.
  • QPC: Que é o que menos che gusta desta 3ª Autonómica?
Por suposto, as 4 voltas. Son demasiadas voltas. Pero bueno, imos vendo que todos os adestradores da categoría estamos criticando. Veremos se cambia a cousa para o ano que vén.
  • QPC: E o positivo da 3ª costeira?
O ambientazo que se ve cada domingo nos campos, algo que nunca vin na Coruña. Hai campos aos que dá gusto ir, onde se vive moito ese. Ese fútbol que non quere Tebas, pero ese fútbol de antes é o auténtico. Ademais, enfrontarme a un pedazo adestrador como Manolín, cunha traxectoria inigualable, é todo un orgullo.
  • QPC: Cres que o Fútbol da Costa está sobrevalorado? Está demasiado mediático?
Para nada, debería ser moito máis. Eu vivo na Coruña e alí non se fala case nada nin sequera da 1ª, nin da Liga da Costa. Pero si que me sorprente o seguemento dos medios comarcais. Xa me fixeron algunhas entrevistas e é unha maneira de recoñecer o traballo que se fai nun club modesto. Un exemplo fantástico foi o Álbum de Cromos, que traspasou as fronteiras do fútbol costeiro.
  • QPC: Que opinas sobre o Cerqueda a nivel de club?
Todos os directivos fan un gran traballo, estanme arroupando moito, e teño que salientar a labor do delegado José María que me fai moito máis doado o traballo cada partido. Dentro do club, hai un problema cas instalacións para poder adestrar. En todo caso temos que agradecer a colaboración de Chema Rivadulla e o Buño, sempre dispostos a colaborar para compartir o campo. Pero sei que hai outros equipos da zona, como o Castrelo que lle pasa o mesmo, polo que isto non pode ser tomado como excusa. Iso si, estou sorprendido coa asistencia aos adestramentos, pois a xente está volcada, e vindo a adestrar moito. Supoño que ir de líderes tamén inflúe!
  • QPC: Como ve o futuro do equipo? e o de Emilio Uzal?
Temos que ir partido a partido. Hai que gañarlle o domingo ao Castrelo, e logo xa se verá. De todas maneiras, cando fichei tiña claro que, polo nivel, debíamos estar, cando menos, na Promoción. Dígoo porque sistema de competición así o permite, pois 2 ascenden directos e outros 4, de 7, métense na Promoción. E o meu futuro pasa por se pai este maio. Despois xa se verá.
  • QPC: Sorprendeuche algún xogador da categoría?
Houbo varios: Luís do Nantón; Lagoa do Coristanco; Zurich do Laxe, Martín, o lateral esquerdo do Muxía; Lourido do Corcubión, e Momaño, do Ameixenda.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios