Copa da Costa: O Cerqueda protagoniza a sorpresa dos Oitavos

Lixeiramente tarde, pero a tempo, chegan estas crónicas da volta dos Oitavos de final da Copa da Costa 2013, unha Copa patrocinada este curso por Senra Sport.

A sorpresa da xornada estivo protagonizada polo Cerqueda, que superaba a todo un Ponteceso asinando unha fin de semana inmellorable tras meterse o sábado na final da Promoción de ascenso á 2ª.

Polo demais, gañaron os equipos de maior categoría, sendo o Malpica o que máis sufríu.


Sofán-Carnota (3-1)

  • SOFÁN: Bugy (Dani, min.75), Cantudi, Marcos Pensado, Lista, Gustavo, Eloi Boedo, Míchel (Jacobo, min.50), Iván Rey, Iván Rojo, Suso Docampo (Picas, min.50) e Abel (Santi, min.55).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Boni, Tono da Caixa, Pedro, Manolo Chouza, Rodri, Urko (Adrián, min.55), Manuel Luís, Berni (Nakata, min.55), Iván (Pablo Pichín, min.60) e Pumuki.
  • Goles: 1-0, min.5: Gustavo; 2-0, min.17: Suso Docampo; 2-1, min.35: Rodri; 3-1, min.43: Cantudo, de penalti.
  • Expulsados: Os visitantes Pumuki (min.65) e Nakata (min.78).

Pouco puido facer o Carnota, cunha eliminatoria xa adversa da ida e pronto se puxo con 2-0 o Sofán, polo que a misión era practicamente imposible. O Sofán fixo un partido práctico, gustándose por veces e pensando xa no próximo rival, o Dumbría.

Os carnotáns non quedaron contentos coa actuación arbitral, pois pese a que non foi determinante, si que tivo unha actitude de moito compañerismos, e as veces insultante, cos xogadores do Sofán.

Corme - Dumbría (0-2)

  • CORME: Javi, Adolfo, Pandi, Jesús, Dani (Diego, min.55), Alejandro, Brais, Adrián Doldán (Manu, min.80), Lucas, Miguel Torrado, Juan Chans (Abel, min.85).
  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, David Carreira (Isma, min.70), Pablo Vidal, Rudi, Aarón Fernández, Aarón López (Adrián Alcaina, min.78), Luisito (Álex Siaba, min.80), Dani Casal, Iago, Iago Dosil (Leo, min.61), Piri.
  • Goles: 0-1, min.78: Leo a pase de Dani Casal que prolonga Piri; 0-2, min.92: Álex Siaba.

Partidazo no Cairo entre todo un Dumbría e un Corme que prantou cara e tivo a eliminatoria moi preto. O 1-0 da ida facía que un goliño cormelán empatase a eliminatoria e foron case 80 minutos de incertidume.

O Dumbría esperaba ante as embestidas locais, que ía a por todas cos Lucas, Brais, Miguel Torrado e Juan Chans como homes máis incisivos. Fallaron boas ocasións os azulóns ante unha boa defensa, iso si, dumbriesa. Na segunda seguiuno intentando o Corme pero a precipitación facía que os goles non chegaran e que cada vez fosen deixando máis só a Javi na portería. Só faltaban 12 minutos cando Leo sentenciaba a eliminatoria co seu tanto. Deu minutos aí Canosa aos xuvenís, e saltaron ao campo Alex Siaba e Adrián Alcaina. Foi o primeiro, que viña de sentenciar a final da Copa Xuvenil con 2 tantos o que pechou a mellor semana futboleira posible con outro tanto.

Fisterra - Xallas de Santa Comba (2-2)

  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Piti, Manuel Cartamil, Rubia, Santi (Bebeto, min.60), Sergio Manín (Marco, min.60), Roco, Aitor (Ángel, min.80), Cote, Roberto (Naranjo, min.60).
  • XALLAS: Couto, Chinda (Mon, min.56), Óscar, Alberto, Pablo Vigo (Dani, min.78), Martín, Rubén Forján, Jota, Javi Suárez (Noli, min.60), Jesús (Darío, min.65), Pablo Baña.
  • Goles: 1-0, min.15: Roco; 1-1, min.55: Rubén Forján; 1-2, min.60: Javi Suárez; 2-2, min.80: Roco.

Rematou o curso con dignidade a SD Fisterra ante o se público, que o sábado volvía arroupar aos seus enchendo Ara Solis. O XSC foi moito equipo para os fisterrans, que así e todo tiveron a eliminatoria igualada moitos minutos. Roco adiantaba pronto aos locais e no primeiro tempo puido caer algún máis. Pero dous detalles de calidade e oportunismo de Rubén Forján e Javi Suárez daban a volta ao marcador e case que sentenciaban a eliminatoria.

A familia da SD celebraba o fin de temporada cunha gran cea, i é que a pesar do descenso, Fisterra está moi unida.

Lira - Baio (1-2)

  • LIRA: Andrés, Josiño, Fran Deco (Santi, min.60), Herminio (Iago, min.46), Ismael (Xavi, min.80), Cristian, Miguel, Josiño, Fran Perico (Michelón, min.80), Suso Perico, Bermejo (Germán, min.46).
  • BAIO: Guille (Manuel, min.46), Ramón (Costa, min.75), Fredi, Eloy, Chema, José Antonio, Norberto, Fachal, Rubio (Anxo, min.80), Chucho, Cristian (Valentín, min.80).
  • Goles: 0-1, min.30: Rubio; 0-2, min.40: Cristian; 1-2, min.65: Suso Perico.
  • Expulsión: os lirachos Suso Perico (min.88) e Miguel (min.75).

Pelexou o Lira pero non puido cun Baio que tiña descanso na Fase de Ascenso, e que contaba coa boa nova de que o Riveira conseguía o ascenso deixando en 2 as prazas de ascenso dos 3 equipos que a disputan. O Lira apretou ao principio pero foi o Baio o que pegou antes do descanso, e por partida doble, da man dos seus rapaces Rubio e Cristian. Na segunda o Lira intentouno e se meteu no partido co gol de Suso Perico, pero aínda necesitaba 2 tantos para darlle a volta á eliminatoria. Aí foi cando as expulsións de Miguel e Suso Perico acabaron coas súas posibilidades.

Camariñas - Laxe (9-0)

  • CAMARIÑAS: José Luis, Brais, Rodri, Sergio, Brais Mouzo, Moriño, Paco, Martín (Ousmane, min.51), Borja, Juan oBello (Saviola, min.51), Álex.
  • LAXE: Dani, Darío, Rafa, Roberto, Santi Soneira, Saleta, Vilanova, Elías, Felipe, Adrián.
  • Goles: 1-0, min.10: Martín; 2-0, min.15: Paco; 3-0, min.20: Borja; 4-0, min.30: Juan oBello; 5-0, min.40: Álex; 6-0, min.44: Álex; 7-0, min.65: Álex; 8-0, min.75: Borja; 9-0, min.78: Borja.

Pouco que contar i é que o Camariñas marcaba dous goles moi pronto e o Laxe, só con 11 xogadores, daba por perdida a eliminatoria, pensando na Promoción do domingo, que tampouco saíu ben.

Soneira - Porteño (5-0)

  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa (Quilmes, min.46), Sito, Maikel, Mayor, Adrián (Mayuyo, min.46), Richi (Iván Cerilla, min.56), Basti, Javi (Cristian, min.46), Baba (Cheli, min.56).
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Cousillas, Javi Sestayo, Nené, Óscar, Javi, Ismael, Yuyo (Asier, min.66), Iago, David (Maikel, min.63).
  • Goles: 1-0, min.10: Adrián; 2-0, min.15: Javi; 3-0, min.25: Basti; 4-0, min.65: Mayor; 5-0, min.75: Mayor.

Xa viña sentenciada da ida a eliminatoria tralo 1-3 da ida, e os soneiráns, con mestura de xuventude e veteranía, non tivo piedade. Os tantos foton chegando e ao descanso xa ían 3 ante un Porteño que chegaba a estes Oitavos cos deberes feitos, nada menos que un ascenso.

Mayor terá que operarse dun nocello esta semana, ero aínda tivo tempo para marcar os dous últimos tantos.

Malpica - Zas (2-1)

  • MALPICA: Suso, Adrián, David Castro, Mario Casal, Marcos Amado (Víctor, min.82), Andrés, Manu, Cheo, Charro (Neucha, min.67), Fernando Varela (Alemán, min.59), David Blanco (Mino, min.73).
  • ZAS: Miki, Pereiro (Amado, min.82), Óliver, Víctor, Lagoa, Pío, Peke, Isma, Jaime, Rubio, Mario (Damián, min.68).
  • Goles: 1-0, min.25: David Blanco; 1-1, min.80: Lagoa de falta; 2-1, min.83: Neucha de falta.

Partido propio de copa con incertidume no marcador ata o final, e con alternativas no marcador que metían durante uns poucos minutos ao Zas na final tralo 0-0 da ida. I é que Lagoa facía o empate a falta de 10 minutos. Un empate que metía ao Zas polo valor doble dos goles fóra de casa, pero a alegría duraba pouco poissó 3 minutos despois, o outro cañonero do campo, Neucha, facía o definitivo 2-1 tamén de falta.

O partido foi intenso, moi igualado, cun Malpica un punto máis dominador pero cun Zas moi ben armado, que fixo sufrir, e moito, aos de Baña. David Blanco adiantara aos locais na primeira, pero o choque seguía igualado e o Zas avisaba con boas chegadas. E os últimos 10 minutos foron de verdadeira tensión.

Ponteceso - Cerqueda (2-2)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Diego (Jorge, min.70), Javi Peón, Dani Pallas, Manu Urbieta, Josito (Bolón, min.64), Alberto Recarey, Bieito, Martín Puente (Toniño, min.50), Canai.
  • CERQUEDA: Costa, Javino, Pablo, Bastón, Pazos, Dani Sealla, Lorenzo, Diego, Juanjo, Manuel, Moisés (Maikel, min.46).
  • Goles: 0-1, min.15: Diego rouba e marca; 1-1, min.40: Canai de falta; 1-2, min.65: Diego, de penalti: 2-2, min.70: Toniño, de penalti.

Impresionante a UD, que vén de asinar unha fin de semana espectacular tras pasar de ronda na Promoción de ascenso. Iso si, aínda ten que facer o máis difícil para rematar o ano con total alegría. O domingo completaba a gran sorpresa dos Oitavos, eliminando a todo un Ponteceso que pecha así unha tempada algo combulsa pero que se salda sen danos irreparables.

O 1-1 da ida deixaba ao Ponteceso con algo de vantaxe pero aos 15 minutos o Cerqueda avisaba de que non ía deixar escapar a ocasión de dar a campanada. Diego roubaba adiante e non perdoaba. O Ponteceso tocaba, e o Cerqueda esperaba erros como o que daba o primeiro gol. Canai marcaba o empate de falta, deixando a eliminatria en táboas ao descans.

Na segunda a cousa seguía igual, cun Ponteceso tocando pero sen demasiada profundidade ante un Cerqueda moi ben prantado atrás. No ecuador unha das poucas chegadas visitantes remataba en penalti e Diego non perdoaba. Tiña 25 minutos o Ponteceso para marcar dous goles, pero so conseguiu superar a Costa unha vez, e tamén de penalti. Os últimos 20 minutos foron de auténtico asedio local, pero a defensa da UD está moi ben traballada.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas