Luns. 06.05.2024
El tiempo

Resultados da última fin de semana de maio das Copas e da Fase de Ascenso á Liga da Costa

Resultados da última fin de semana de maio das Copas e da Fase de Ascenso á Liga da Costa
E xa pasamos a última fin de semana de maio chea de sabor copeiro. Temos campión da Copa Xuvenil, o Dumbría, e tamén uns cuartos finalistas da copa sen moitas sorpresas, salvo ao do Cerqueda que dou a machada en Ponteceso. Nos playoff de ascenso a liga da Costa, Camelle e Cerqueda veranse as caras na final por un posto de ascenso, mentres que o Baio descansou na liguilla de ascenso a Primeira Autonómica. O sábado o equipo xuvenil adestrado por Pablo Conde sumaba un título máis as vitrinas das categorías inferiores do Dumbría, o proxecto de futuro segue dando froitos. En Lombáns os dumbrieses gañaron con relativa comodidade ao equipo revelación da copa, o Outes. Na copa da Costa preséntanse uns cuartos de final moi interesantes, o máis destacado foi o pase do Cerqueda ante os veciños de Ponteceso, o valor dobre dos goles en campo contrario foi decisivo e tras un empate a douses o Cerqueda fai historia plantándose en cuartos. Sorprende aínda máis sabendo que tiveron que afrontar dobre partido no fin de semana, alternando co playoff de ascenso. Nas outras eliminatorias o Baio tivo que sufrir en Lómbans para desfacerse do Lira, aínda que seguramente o que podería ser unha eliminatoria moi entretida co Xallas S.C. se quede medio descafeinada, pois o Baio terá partido da liguilla de ascenso a Primeira. Un Xallas que tivo que sudar a gota gorda o sábado para certificar o seu pase a cuartos en Fisterra. No resto de choques o Sofán solventou con claridade o pase, ao igual que o Soneira e pouco ten que dicir o pase do Camariñas, que o sábado goleaba a un Laxe coa cabeza no encontro de onte en Camelle. O Dumbría gañaba no complicado campo do Cairo e despide aos cormeláns da Copa, competición que se lles dá ben, aínda que ao seu rival moito mellor nos últimos anos. Por último, o Malpica tivo un oso duro que roer no Zas, gañou pola mínima e cun gol do salvador Neucha no minuto 83, agora verase as cáras en todo un derbi co Cerqueda. Seguen adiante os tres equipos da Preferente e o mellor clasificado de Primeira Autonómica, cada un por unha parte distinta do cadro, polo que se antolla un final de Copa moi entretido. Nos playoff de ascenso a liga da Costa, o sábado a veteranía do Cerqueda puido coa xuventude vimiancesa. Os malpicáns que xogan por segundo ano o playoff administraron ben a renda de dous goles do partido da ida e cunha boa defensa cortaron a circulación de balón dos locais que apenas tiveron ocasións de gol. Onte, o Camelle desfacíanse do Laxe non tan claramente como di o marcador, aínda que o numeroso público camellán puxo en volandas o pase do seu equipo. Na copa de veteranos a igualdade é máxima, polo que facer prognósticos semella tarefa imposible. O Nantón gañaba na casa por 1-0, mesmo resultado para o Cabana, un dos máximos favoritos xunto co Coristanco que terá que remontar o gol de desvantaxe que leva de nantón. O Muros gañaba ao Agualada, polo que é unha boa renda para o partido de volta na súa casa. No derbi Baio-Zas, o Zas deu primeiro gañando no Platas Reinoso.

Copa da Costa, Volta dos Oitavos

Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, Volta das Semifinais

Ida Enfrontamento Volta
3-3 Laxe - Camelle 0-4
2-0 Cerqueda - Soneira B 1-2

Copa da Costa Xuvenil, Final

  • Dumbría - Outes - (3-2).

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios