Luns. 06.05.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: Camelle e Cerqueda loitarán por unha praza na Liga da Costa

Fases de Ascenso: Camelle e Cerqueda loitarán por unha praza na Liga da Costa
Celebración do Camelle no Camelle-Laxe da Fase de Ascenso-Foto- Isa Lema

Camelle e Cerqueda, 3º e 5º da Liga regular, xogaranse un posto na Liga da Costa. Camelláns e cerquedáns superaron a Laxe e Soneira B e están a un paso do ascenso.

Ao que lle tocaba descansar era ao Baio, e na Fase de Ascenso á 1ª o Sálvora estreábase con vitoria ante o Agolada deixando as cousas máis igualadas trala vitoria inicial do Agolada aos baieses. Con todo, a boa nova chegada dende Riveira, onde celebraban un ascenso á Preferente que vale unha praza máis nesta liguiña. Deste xeito, 2 dos 3 equipos ascenderán á 1ª. O soño está máis preto.

E para a vindeira, xa se poñen en xogo das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas de xuvenís, cadetes e infantís.

Xa sabedes que tendes todas as táboas en www.copadacosta.com.

Camelle - Laxe (4-0)

Camelle-Laxe-Foto- Isa Lema
  • CAMELLE: Matías, Javi Rañal, Valiña, Manuel, Carlos de Dido, Sergio (Tedín m.63), Varu (René m.70), Mario (Tonson m.75), Miguel Riveiro, Barreiro, Jati (Buri m.72).
  • LAXE: Diego, Manu Saleta, Jacinto, Naya (Elias m.59), Pailos, Gora, Mandi (Aaron m.68), Borja (Samuel xuv. m.68), Carrabete, Porteiro (Zurich m.33) e Samuel.
  • Goles: 1-0, min.17: Sergio, aproveitando unha mala saída de Diego, empurra o esférico ao fondo da rede unha falta colgada por Miguel Riveiro. 2-0, min.51: Varu de falta lateral na que Diego calcula mal e o balón cólase na portería. 3-0, min.62: Miguel Riveiro saca unha falta en medio campo e o esférico entra na portería laxense, tras unha mala saída de Diego. 4-0, min.66: Matías transforma o penalti cometido sobre Tedín.
  • Expulsión: Javier Pichel, moi protestado polos visitantes, expulsou por dobre amonestación a Manu Saleta no minuto 63 e Gora no minuto 85 e con cartón vermello directo a Zurich e Jacinto nos minutos 63 e 88, respectivamente.
Camelle-Laxe-Foto- Isa Lema

Partido moi disputado o que vimos o sábado no Rodeiro. Ambos equipos tiveron as súas ocasións para levarse a eliminatoria, pero finalmente sería o Camelle. Os locais estiveron máis acertados de cara a portería e moito máis seguros en defensa, mentres que os laxenses fallaron as súas ocasións e pagaron caro eso e a mala tarde do seu gardameta Diego.

Antes do comezo do encontro, o Camelle tería un gran contratempo xa que o seu porteiro Purrúa tería que abandonar o Rodeiro por problemas persoais e sería Matías, o xogador encargado de defender a portería local.

O partido comezou moi condicionado, debido ao vento que había na tarde do domingo en Camelle. Xogo moi pouco fluido con constantes interrupcións e demasiado balóns en largo sin moito sentido. Teríamos que agardar ata o minuto 17 para ver a primeira ocasión e tamén o primeiro gol da tarde, Miguel Riveiro colga unha falta á área e Sergio, aprobeitando unha mala salida de Diego, empurra o esférico ao fondo da rede. Tan só tardaría sete minutos en responder o Laxe, unha falta botada por Jacinto, é rematada por Gora e Matías detén sin problemas. Dous minutos máis tarde, xogada embarullada na área visitante e finalmente o lanzamento de Varu vaise a rentes do pau da porta defendida por Diego.

No último cuarto de hora da primeira metade, o Laxe contaría con tres ocasións para empatar o encontro antes do descanso, primeiro un centro-chut de Mandi que fai que Matías se teña que empregar a fondo, logo unha gran xogada individual de Samuel pero o tiro final deste vaise rozando o longueiro e finalmente unha recuperación en medio campo dos laxenses, Zurich mete o pase en longo para Carrabete e de novo, Matías desvía a corner. Chegaríamos ao descanso co 1-0 e co Laxe apretando no treito final.

Na segunda metade, comezarían forte os laxenses. Aos dous minutos da reanudación, xogada embarullada na área do Camelle, o balón que lle cae a Zurich e o remate deste é despexado por un xogador local na línea de gol. Tan só tardaría catro minutos en responder o Camelle, falta no lateral da área visitante que saca Varu, Diego calcula mal e o balón cólase na portería.

O laxense Gora cun gran testarazo, logo dun córner, está a piques de marcar pero Matías cunha mellor resposta debaixo dos paus evita o 2 a 1. O Camelle respondería cun remate de Sergio que se vai rozando o longueiro tras un córner botado por Varu. No minuto 62, chegaría o 3-0 para os locais. Miguel Riveiro saca unha falta en medio campo e o esférico entra na portería laxense, tras unha mala salida de Diego.

Co partido xa finiquitado, chegaría a polémica da tarde. Aos 17 minutos da segunda metade, o colexiado Javier Pichel asubía un penalti, a favor dos locais, moi discutido polos xogadores do Laxe. A xogada supoñería a expulsión, por dobre amonestación, de Manu Saleta, autor do penalti sobre Tedín e a vermella directa a Zurich. Matías, porteiro de urxencia na tarde deste domingo, sería o encargado de transformar o penalti, facendo o 4-0 definitivo, eso si no segundo intento xa que o primeiro sería detido por Diego, e o colexiado mandaríao repetir pola entrada de xogadores visitantes na área antes do lanzamento da pena máxima.

Gol de Matías no Camelle-Laxe-Foto- Isa Lema-

A partir do cuarto gol, o Laxe deixouse ir ata o final do partido e o Camelle dedicouse a ter o balón e contou con algunha ocasión máis, no minuto 77, Barreiro recupera o balón no centro do campo, lanza o contraataque, pero Diego resolve ben o man a man con Buri. Barreiro, tería a penúltima, cando os visitantes tan só contaban con 7 xogadores no terreo de xogo, pero o seu remate vaise fóra tras un centro de Miguel Riveiro. Xa co tempo cumplido, o meta visitante Diego sería quen de pararle un penalti a Tonsón.

Cómpre destacar o espectacular ambiente que se viviu no Rodeiro, cunha afición de 10, animando dende o minuto 1 ata o 90 sin parar.

Celebración da afección do Camelle-Foto- Isa Lema DAvid Castro cunha bufanda mundial da SD CAmelle-Foto- Isa Lema

Soneira B - Cerqueda (2-1)

  • SONEIRA B: Martín, Chans (Borja, min.75), Chuchi (Félix, min.65), Alberto, Roi, Quilmes, Figueroa, Fernando (Canosa, min.55), Basti, Richi, Wii (Pichón, min.75).
  • CERQUEDA: Rubén (Costa, min.89), Bastón, Pablo, Javi, Ato, Dani, Lorenzo, Dani Seaia (Maikel, min.82), Dieguito, Manu (Moisés, min.57), Martínez (Juanjo, min.30.
  • Goles: 1-0, min.25: Quilmes tras un saque de banda; 1-1, min.47: Lorenzo; 2-1, min.83: Canosa de falta.
  • Lesión: Martínez.

Gran fin de semana do Cerqueda, que sabe moi ben como administrar as súas armas, unha grandísima defensa e unha contra moi perigosa. Os cerquedáns chegaban cun claro 2-0 a favor da ida e souberon ler a eliminatoria e non poñerse nervioso, sendo xustos triunfadores ante un Soneira B no que se cadra faltou algo de calma e veteranía.

Saíron os soneiráns tocando, co Cerqueda, no seu estilo, ben prantado atrás, pero desta volta sen posibilidades de saír á contra. O Soneira tampouco tiña claros achegamentos e só Quilmes, tras un saque de banda, adiantaba aos seus.

Pero nada máis empezar a segunda metade, nunha contra, Lorenzo correu medio campo, recurtou e finalinalizou moi ben, deixando a eliminatoria moi costa arriba aos vimianceses que tiñan que marcar dous goles. Quedaron tocados os locais que o intentaron tralo 2-1, pero apenas unha falta de Félix puxo en apretos á portería visitante.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Comentarios