Dous campións do mundo estarán no Open de Pesca Río Xallas

Xa chega o VI Open de Pesca por Parellas Río Xallas. A fin de semana do venres 11 e sábado 12 de abril ducias de amantes da pesca de río tomarán o Xallas para este campionato que artella o Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría. Falamos dun dos eventos con máis prestixio a nivel Nacional e Internacional, que se desenvolve nunha paraxe inmellorable.

A sexta edición deste Open celebrarase no Coto de Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas, comprendido entre o encoro da Fervenza e a desembocadura do río Beba, coto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte.

O VI Open do Xallas contará con dous Campións do Mundo, o Checo Martin Droz e o galego David Arcay así mesmo participará o actual Campión de Europa Pablo Castro, o Campión de España Ruben Santos, ambos de León e o Campión Galego José Manuel Socastro.
Igualmente participarán os Campións da edición do ano pasado o mencionado Pablo Castro e David García Ferreras.

Aquí quedades cunhas imaxes do open do 2012:

Novas relacionadas

Fonte e máis información