Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte xa está no circuito de pesca de salmónidos

A Costa da Morte xa está no circuito de pesca de salmónidos

A Federación Galega de Pesca, segue promocionando á pesca coma, ademais dunha actividade deportiva e de lecer, tamén coma unha opción complementaria ao Turismo Rural en Galicia. Neste senso, a Costa da Morte vén sendo regularmente escenario e punto de encontro para moitas das competicicións oficiais do calendario deportivo galego. Estas probas están sendo apoiadas polos concellos de Dumbría e Vimianzo e outras institucións privadas locais.

A derradeira convocatoria, trala doble sesión en Dumbría e Baio de hai un mes, tivo lugar os días 5 e 6 de maio no Couto de Pesca sen Morte do río Xallas para o Campionato Galego de Salmónidos Mosca.
Nesta edición brilaron especialmente os deportistas da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda da que Juan Carlos Carballude Sánchez e Miguel Montoto Vázquez acadaron o primeiro e terceiro posto respectivamente.
O segundo posto foi para o ourensán Vicente Crespo Balado. Despois atopamos na clasifición aos coruñeses Diego Rodríguez Ramos, cuarto; Carlos Pernas García, quinto; Luís Piñeiro Mirás, sexto; Manuel Ramos Andrade sétimo; o pontevedrés Rubén Sánchez Sánchez, oitavo; logo ao membro da Selección Española da especialidade, xa con varias participacións en Campionatos do Mundo as súas costas, o coruñés David Arcay Fernández. Sendo o primeiro lucense da clasificación Diego Abuín García no décimo posto.

A proclamación dos resultados e posterior entrega de premios tivo lugar no Bar Higinio, en Olveira, a que asistiu Antonio Casais, alcalde en funcións do Concello de Dumbría. Antes de encamiñarse cara os seus domicilios, tódolos participantes deste Campionato Autonómico foron agasallados cunha exitosa degustación de produtos elaborados por Cárnicos Raposo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios