Dous campións do mundo estarán no Open de Pesca Río Xallas
Xa chega o VI Open de Pesca por Parellas Río Xallas. A fin de semana do venres 11 e sábado 12 de abril ducias de amantes da pesca de río tomarán o Xallas para este campionato que artella o Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría. Falamos dun dos eventos con máis prestixio a nivel Nacional e Internacional, que se desenvolve nunha paraxe inmellorable.
A sexta edición deste Open celebrarase no Coto de Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas, comprendido entre o encoro da Fervenza e a desembocadura do río Beba, coto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte.
O VI Open do Xallas contará con dous Campións do Mundo, o Checo Martin Droz e o galego David Arcay así mesmo participará o actual Campión de Europa Pablo Castro, o Campión de España Ruben Santos, ambos de León e o Campión Galego José Manuel Socastro.
Igualmente participarán os Campións da edición do ano pasado o mencionado Pablo Castro e David García Ferreras.
Aquí quedades cunhas imaxes do open do 2012:
Novas relacionadas
- O Anllóns e o Xallas volveron comprobar a supremacía do clube de Pesca Salmo.
- O Couto de Verdes do río Anllóns acolle unha nova exhibición do coruñés David Arcay.
- A Costa da Morte xa está no circuito de pesca de salmónidos.
- A pesca tomou a Laxe e Camariñas.
- O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas.