Dumbría consolídase no calendario do Ciclocross Galego
O pasado sábado, celebrouse no circuito de ciclocross do Conco en Dumbría, o 2º trofeo de Ciclocross Concello de Dumbría. A competición desenvolveuse con total normalidade, o clima acompañou nunha xornada chea de ciclismo e natureza. Con esta competición, o circuito do Conco consolídase coma unha referencia anual no calendario do ciclocross Galego, con moi boas opinións entre os corredores.
Houbo ademais un gran ambiente en Dumbría para presenciar unha disciplina de ciclismo que de cara o espectador é espectacular para ver e desfrutar da dureza deste magnífico deporte. O calendario Galego de Ciclocross, desplázase este domingo cara a localidade de Boiro, onde teremos unha representación de 4 corredores do club ciclista Dumbría.
Resultados
Sobre o horario previsto, comeza a categoria infantil, duas voltas o circuito pequeno, e aquí recibimos a gran alegria para o club ciclismo Dumbría, donde Marco López, gaña con autoridade e proclámase campión nesta carreira de promoción.
O resto de gañadores foron:
- Cadete: Iván Feijoó ( Maceda)
- Cadete feminino: Sara Trigo (Salvaterra do Miño).
- Juniors: Samuel González (Salvaterra).
- Junior feminina: Desireé Duarte ( Interdesign).
- Élite sub 23: Mauro González (Salvaterra).
- Élite feminino: Mª Jesús Barros (Spol).
- Master 30: Alejandro Mesias (Quintena).
- Master 40: Antonio Sousa (Quinta das Arcas).
- Master 50: Antonio González (Salvaterra).
Participación dumbriesa
En canto o resto de participantes do club local, Vicente Formoso "Triki" rematou en 6º posicion na categoria máster 40; Jose Romero en 12ª posición da mesma categoría e Bertín Suárez 14ª en categoria junior. Nas clasificacións non houbo grandes sorpresas e os favoritos impuxeron o seu dominio.
Novas relacionadas
- O Ciclocross de primeiro nivel volve a Dumbría.
- Decembro 2013: A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Maio 2013: Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
Fonte
- Concello de Dumbría.