Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría

A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría
Duro o percorrido do Ciclocross de Dumbria

Tremenda a competicion deste pasado domingo polos montes de Dumbría. O Concello costeiro acollía o Campionato de Galicia de Ciclocross nunha proba organizada polo Club Ciclista local e co auspicio da Federación Galega de Ciclismo.

Ademais, a tregua a cargo da climatología favoreceu o gran espectáculo vivido nesta xornada. Así e todo, era un recorrido moi duro e con moita lama, para convertir xa a Dumbría nunha referencia na materia, e completar así un ano no que as dúas rodas afianzaron ao Concello dumbriés como referente a nivel galego, lembrando as probas BTT e de ciclismo de estrada a nivel internacional.

A proba raíñas do domingo era a de Élite e Sub 23, que estivo condicionada, en positivo, pola participación do vixente Campión de España - Sub 23, Pablo Rodríguez (Sontour - BH). A súa simple presenza significou un cambio táctico na formulación dos seus rivais de tal modo que Mauro González (CC Salvaterra), principal favorito, centrouse en tomar distancia con Pablo nas primeiras voltas e logo pagou o seu esforzo cun baixón e que tivo que a deixar o liderato ao macedán e logo recuperarse ás alancadas. Jaime Juncal (C. C. Rías Baixas), que se mantiña á espectativa en posicións cabeceiras, foi recuperando terreo a José Manuel Alonso (Toti), e conservando o seu segundo posto absoluto ata que pouco antes do final unha avería mecánica de Pablo Rodríguez, sen posibilidade de reacción, lle deixaba o camiño franco para levantar os brazos en meta como vencedor absoluto.
A Pablo quedáballe a satisfacción de demostrar unha excelente prestación neste campionato e de ter protagonizado unha fermosa loita, indirectamente, polos dous maillots Elite e Sub 23 que parecían ter os nomes escritos de antemán. Así pois, Jaime Juncal e Pablo Rodríguez alzáronse cos campionatos nas respectivas categorías nunha carreira vibrante.

Igual de vibrante estivo a loita polo cetro en Máster - 30 co triunfo de Alejandro Mesías (P.C. Quintena) que foi o gañador final da categoría cunha remontada ante un ramillete de favoritos que demostraron unha enorme igualdade na categoría ao longo da tempada. Luciano Carretero (CC. Cambre) e Juan Belo (C.C. AGC) acompañáronlle no podio. Noutras categorías os resultados foron os esperados cos triunfos de Antonio González (C.C. Salvaterra) en M-50, Vicente Alló (C.C. Cambre) en M-40, Isabel Castro (Aquagest) en Férminas Élite, Desirée Duarte (Aquagest) en Junior) e Irene Trabazo (CC. Marín) en cadetes.

Os peques tamen participaron no Ciclocross de Dumbria

Raúl Fernández (C.C. Ou Rosal) non tivo problemas para impoñerse na categoría junior e Iván Feijóo (CC. Maceda) en Cadetes.

A entrega de premios estivo presidida polo Alcalde de Dumbría José Manuel Pequeno e o Presidente da Federación Galega de Ciclismo Manuel Tallón. Antes do corte de cinta gardouse un minuto de silencio en memoria do pai das compoñentes do Comité Técnico de Árbitros, Begoña e Montse Alonso.

Entrega de Premios do Ciclocross de Dumbria

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios