Luns. 29.04.2024
El tiempo

Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría

Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría
Unha imaxe da dificultade da Mini BTT de Dumbría-Foto- Jorge Parri

Impresionante, coma sempre, a organización e a participación nas probas a dúas rodas do Concello de Dumbría. O pasado sábado celebrábase polos montes dumbrieses o 1º trofeo Concello de Dumbría de Mini BTT e Ralli. As instalacións deportivas do Conco, vestíronse de gala para que a competición desenrolárase con total normalidade.

Primeiro os peques

Circuito da Mini BTT de Dumbría-Foto- Jorge Parri

O circuito mini btt para nenos/as entre os 6 e os 13 anos, (antigo campo de adestramento), tiña unhas características idóneas para este tipo de categorias, cunha serie de obstáculos e dificultades engadidas, en función das idades o número de voltas incrementaba. O clube ciclista local con representación nas distintas categorias facía un papel máis que salientable, destacando por riba de todos, o 6º posto en categoria Alevín de Marco López. O número de participantes nesta competición foi de 132.

Imaxe da Mini BTT de Dumbría-Foto- Jorge Parri

Os maiores toman o protagonismo

Moitos participantes-Foto- Jorge Parri

Unha vez rematado o mini btt, as miradas dos moitos fans do btt, centrábanse no ralli xc, espectacular a saida e a entrada no circuito logo de subir unha rampa cun alto desnivel. As distintas categorias, facian a saida cun minuto de diferencia, o circuito tiña unha lonxitude de 5,500m, e dependendo das idades facian 4 ou 6 voltas. O trazado era rápido, sen descanso, con moita lama e algunha que outra dificultade que facia cos ciclistas baixasen por momentos das bicicletas.

Na categora máis destacable resaltar a vitoria do campión de España de Élite, Pablo Rodríguez. No tocante o papel dos ciclistas locais por encima de todos o segundo posto do Junior Alberto Túñez, en categoria cadete Bertín Ramos e Jesús Suárez cun 6 e 8 posto respectivamente.

BTT Dumbria-Foto- Jorge Parri BTT Dumbria-Foto- Jorge Parri

Pensnado xa nas vindeiras probas

Cun ollo no Desafío do Atlántico e cun calendario de actividades deportivas para o verán de vertixe, Dumbría ten a vindeira proba o sabado día 1 de xuño, cunha competición de escolas e cadetes de carretera.

Máis información

Segue a actualidade do Concello de Dumbría dende o seu Facebook:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios