Elas tamén teñen Copa da Costa

Elas tamén queren disfrutar da grande Festa do Fútbol da Costa. E como fixeron eles hai unhas semanas, desta volta o Platas Reinoso acolle a I Copa da Costa feminina de fútbol 8.

Os participantes e organizadores serán o CD Baio, o UC Cee e o Fisober FSF e a competición será a modo de triangular divididos en dúas xornadas.

A primeira xornada disputarase este sábado a partir das 11:30 h no Municipal Platas Reinoso de Baio. A seguinte xornada disputarase o vindeiro xoves 25 de xullo ou sábado 27 de xullo no campo municipal San Paio de Refoxos de Cee.

Os emparellamentos desta primeira xornada da finalísima para este sábado 20 de xullo, serán os seguintes:

  • 11:30 h CD Baio vs Fisober
  • 12:15 h UC Cee vs CD Baio.
  • 13:00 h UC Cee vs Fisober.

Os trofeos para os participantes foron donados pola Asociación de Empresarios de Cee.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).