Ganados Maroño xa manda nas Ligas de Fútbol Sala de Cee

Por fin. Se xa levamos varias semanas seguindo a actualidade da Liga de FS de Carballo, dende xa cubrimos a actualidade da Liga de FS Cee. En www.futboldacosta.com xa temos as táboas da 1ª División e da 2ª División da liga ceense, unha das máis activas da bisbarra.

E cambian de nome, pero seguen sendo os mesmos. Xa están de líderes os Ganados Maroño, ex Cervecería Atrio, campión do ano pasado, e ex Distribuidores Barral, campións os anos anteriores. Os Míchel, Litos, Fran Pioto, Jemisa e compañía (todos grandes veteranos cunha media de idade de 35 anos) seguen arransando e suman 4 vitorias en 4 partidos. Sacan xa 2 puntos ao Loureiro-O Coral, outro dos favoritos, e 3 puntos ao Baíñas (que conta conmíticos do fútbol costeiro como o fisterrán Aitor, o ceense Mario, o porteiro Rafa, Ramiro...) e ao Sar.

Na 2ª División, o Recunquiño está líder, pero parece que vai estar moi igualada este ano. Quintaplast segue de pretopero ollo aos do Fisterra FS, con Chilín e compañía, que seguro que van estar arriba.

Se falamos de goleadores e porteiros menos batidos, na 1ª División temos de pichichi ao vimiancés Míchel, de Ganaderías Maroño, con 8 tantos. Pegado está Michelón, do Baíñas, co seu compañeiro, o corcubionés no Cee Penedo.
Ademais, Espi, o meta do Clínica Sar, é o menos goleado con só 5 tantos recibidos. Perro Viejo, mítico porteiro soneirán, así como Angel Luís do Loureiro e Rafa do Baíñas, están por detrás.

Na 2ª División, Germán do Const. Insua está de pichichi con 8 tantos, un máis que Carlos, do Quintaplast e do fisterrán Pablo. Trillo, o meta do Recunquiño, é o porteiro menos batido con 7, e Luís, do Const. Insua, con 9.

Ligas de FS de Cee