Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee

A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee
O Cerceria Atrio ponse de líder e amenaza cun novo título-Foto- Jorge Parri

Púñase en cabeza a finais de xaneiro e dende aí xa non baixou da burra. O Cervecería Atrio repite título da Liga de Fútbol Sala máis importante da Costa da Morte, na que compiten grandes nomes do #futboldacosta. E faino co novo nome, unha vez que leva 3 títulos máis coñecéndose como Distribucións Barral.

Este equipo, con patrocinador ceense pero boa parte do seu plantel de Vimianzo, rematou con 2 puntos de vantaxe sobre o Hotel Praia de Quenxe, tras unha finalísima disputada esta mesma semana na que os campións venceron por 2-0.

Na 2ª División son os Estética Raquel e o Bar Raíces os que conseguiron o ascenso, e a vindeira temporada ocuparán as prazas de Ferroatlántica e Faina II.

Cómpre destacar os premios ao Pichichi da 1ª División, como o fisterrán Bruno para o Cafetería Castelao, con 29 goles, por diante de Nico do Antoxos, Aitor do Praia de Quenxe, ou o propio soneirán Michel, do Atrio.
Foi Rafa, do Praia de Quenxe, o porteiro menos batido, por diante de José Ángel, do Atrio.
Nesta 1ª división o premio á Deportividade tamén recaiu no Cerceveria Atrio.

En 2ª, o máximo goleador con 37 dianas foi Javi Senlle, do Quintaplás, cun só gol de diferencia sobre Poyo, do Raíces. Vilela, do Est. Raquel, foi o porteiro menos goleado, por diante de Santi, do Recunquiño. E é Talleres Paco o que leva o premio á Deportividade.

Clasificacións finais da Liga de Fútbl Sala de Cee 2012-2013

Clasificacion Final da 1 Division da Liga de FS de Cee 2012-2013 Clasificacion Final da 2 Division da Liga de FS de Cee 2012-2013

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios