O Praia de Quenxe levou un Maratón do Ameixenda cheo de estrellas


O Hotel Restaurante Praia de Quenxe (Corcubión) proclamouse campeón do Maratón artellado pola SD Ameixenda, ao derrotar na final o Restaurante Coral (Muxía) por 4-2. O 3º posto foi para o Minabo de Kiev (Vimianzo) que derrotou ós penaltis o Clínica Sar (Cee).
As dúas semifinais decidironse ós penaltis, o Praia de Quenxe empataba a 5 goles co Clínica Sar e o Minabo de Kiev e Coral empataban a 2.
Finalísima
- Resultado: HOTEL RESTAURANTE PRAIA DE QUENXE - RESTAURANTE O CORAL (4-2).

- PRAIA DE QUENXE: Rafa, Chapu, Aitor, Miguel e Fran; tamén xogaron: Mario, Hidalgo e Jose Antonio.

- O CORAL: Angel Luis, Jose, Juan, Makaay e Litos; tamén xogaron: Michael, Nico, Miguel, Tata e Pana.
- Goles: 1-0 Aitor ; 2-0 Aitor ; 3-0 Chapu ; 4-0 Mario; 4-1 Jose ; 4-2 Litos.
- Árbitros : Juan de Elvira e Rico.
Pouca historia tivo a final xa que dous goles nos primeiros minutos de Aitor facain moi costa arriba a remontada do Coral despois dunha intensa fin de semana de partidos. Os do Praia de Quenxe tiñan o control do partido e acercabanse con máis perigo a meta defendida por Angel Luis.
A segunda mitade foi moi parecida a primeira, dous goles nos primeiros minutos de Chapu e Mario colocaban un definitivo 4-0 no marcador que sentenciaba o partido, no último minuto dous goles de Jose e Litos maquillaban o marcador final.

Novas relacionadas
- 15-05-13: Tralo Maratón de FS de Cee xa se pon en marcha a IV Liga de Verán de Muxía.
- 05-04-13: A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee.
- 01-13: O Atrio ponse en cabeza da Liga de Fútbol Sala de Cee.
- 12-12: O Praia de Quenxe acaba o ano líder da Liga de Fútbol Sala de Cee.
- 09-12: Xa comezou a Liga de FS de Cee con sorpresas.
- Copa 2012: O Praia de Quenxe leva o Maratón Copa de FS de Cee.
- Liga 2012: O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2011: Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).