Luís Porto leva o seu Mar de Paixón ata Muros

Hai persoas das que aprendes da súa adicación, do seu perfeccionismo, do como ter todo perfectamente ordenado e ben xeitoso. "Nada de chambonadas" que diría Óscar Santos, outro membro desa especie de persoas minuciosas que todo o mira con lupa.

Outro membro desa especie é Luís E. Porto. Este eterno malpicán leva recollendo moitos anos todos os datos relacionados co SCD Malpica e do resto do fútbol da Costa. E por iso, pode crear unha verdadeira enciclopedia fotográfica da historia do noso fútbol.

Eso é precisamente o libro "Mar de Paixón", realizado e editado por el mesmo e o seu sobriño, Héctor Pose, que xa nos brindaba o ano pasado unha marea de interesantes artigos que hoxe xa podemos ler no libro.

"Mar de Paixón" fai protagonistas a centos de xogadores que fixeron tan mítico o fútbol costeiro. Fotos lendarias de ducias de equipos, dando coa chave do éxito: que sexamos os propios veciños da bisbarra os actores principais.
Boa conta deso damos os que estivemos na presentación do libro en Corcubión escoitando a grandes mitos do Fútbol da Costa como Sieso, Manolín ou Calabanda, ou os que escoitaron en Carballo aos Piña, Periscal, Fran Pallas ou Moreira. Eles forman a historia do noso deporte.

Presentación do libro en Muros

A todo isto, o libro chegará esta vindeira fin de semana a Muros. O sábado 01 de febreiro, ás 20:30 no Salón de plenos do Concello de Muros, acollerá a presentación do libro "Mar De Paixon" o fútbol na Costa da Morte.

Puntos de venda

Polo de pronto, o libro está a venda nos seguintes establecimentos, pero se algún establecimento está interesado en vendela pode contactar con Luís Porto:

  • Libraría “Brañas” (Carballo)
  • Libraría “Roget” (Vimianzo)
  • CF Dumbría (Dumbría)
  • Kiosco “Rosalía” (Corcubión)
  • Muxía CF (Muxía)
  • Libraría “Milucho” (Buño)
  • “Video Club” (Malpica)
  • Libraría “Miguens” (Malpica)
  • Libraría “Nova Colón” (A Coruña)
  • Libraría “LER” (Santa Comba, Cee e Ponte do Porto)
  • Libraría “Estanco” (Caión)

Novas relacionadas

Artigos do Mar de Paixón

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).