Mala fin de semana para a familia do ACB
6 partidos e 6 derrotas foi o balance da fin de semana para a familia do ACB Costa da Morte.
2ª División Sénior Feminina, xornada 8
- Resultado: E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE - C.B.DO LEA (32-39).
- Parciais (2-14; 11-2; 9-11; 10-12) (Acumulado: 2-14; 13-16; 22-27; 32-39).
- E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE: Lidia, 3 ptos, Goretti, 2 ptos; Sheila, 2 ptos; Sandra, 7 ptos; Andrea, 0 ptos – quinteto inicial – Fani, 4 ptos (1 tripla); Laura, 0 ptos; Esther, 5 ptos; Andrea Chasco, 7 ptos; Sabela, 2 ptos.
Partido incómodo para o equipo de Cee, por xogar contra un equipo, o de Lea, que defendiu todo o partido en zona. A pesar de todo, as locais foron capaces de limar diferenzas, despois de que o parcial do 1º cuarto dou vida o equipo visitante, que se marchaba de 12 puntos. Nunca chegaron a culminar a remontada, a pesar de poñerse a só 1 punto. A falta de acerto, e a tranquilidade necesaria para facer os ultimos ataques permitiu as lucenses levarse o partido.
4ª División Masculina, xornada 6
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CULLEREDO (36-43).
- Parciais: (6-15; 11-11; 10-6; 9-11) / (Acumulado: 6-15; 17-26; 27- 32; 36-43).
- ACB COSTA DA MORTE: Manuel, 11 ptos (1 tripla); Pais, 11 ptos(1 tripla); Lucas, 2 ptos; Tinin, 5 ptos; Sergio, 5 ptos (1 tripla) – quinteto inicial – Mario, 2 ptos.
Un moi bo partido do equipo senior masculino de Acb Costa da Morte ante o segundo clasificado da liga. Os de Cee nunca baixaron os brazos a pesar de que nalgún momento as diferenzas ibanse por riba dos 10 ptos. A falta de acerto nos últimos minutos non lles permitiu acercarse no marcador para alcanzar a sua primeira vitoria e dar a sorpresa da xornada.
2ª División Infantil masculino, xornada 6
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE BASQUET CORUÑA 01 (23-85).
- Parciais: (6-22; 6-20; 4-26; 7-17) (Acumulado: 6-22; 12-42; 16-68; 23-85).
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carlos, 6 ptos; Anxo, 0 ptos; Luciano, 6 ptos; Fran, 11 ptos; Jorge, 0 ptos – quinteto inicial - Aitor, 0 ptos; Dani, 0 ptos..
Partido no que o Basquet Coruña impuso unha defensa presionante a toda a pista durante todo o partido, aproveitando que tiña 12 xogadores disponibles, e que os rapaces de Cee non foron capaces de superar.
2ª División Infantil Feminina, xornada 6
- Resultado: SALGADO MONTROVE - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (48-28).
- Parciais: (17-4; 12-10; 6-7; 13-7) (Acumulado: 17-4; 29-14; 35-21; 48-28)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: María, 6 ptos; Fátima, 4 ptos; Lucía Ferrol, 16 ptos; Andrea, 2 ptos; Elena, 0 ptos – quinteto inicial – Yaiza, 0 ptos.
Partido no que pouco puideron facer as rapazas de Cee.
2ª División Cadete masculino, xornada 8
- Resultado: LICEO LA PAZA - ACB COSTA DA MORTE (46-37).
2ª División Cadete feminino, xornada 8
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CARBALLO BASKET (45-48).
- Parciais: (7-7; 17-9; 9-18; 12-14) (Acumulado: 7-7; 24-16; 33- 34; 45- 48).
- ACB COSTA DA MORTE: Tania, 12 ptos(1 tripla); María Castro, 12 ptos; Vivi, 5 ptos(1 tripla); María Agulleiro, 4 ptos; Lucía, 8 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Carmen Maria, 4 ptos.
Partido no que as de Cee tan só contaban con 3 cadetes debido as lesións, e que reforzaron 4 infantís. Partido que no descanso parecían ter encarrilado as de casa pero que tralo descanso as rapazas de Carballo foron quen de darlle a volta o resultado. O último cuarto foi emocionante, con alternancias no marcador e onde no último minuto decidiuse a vitoria, que nesta ocasión foi para o equipo de Carballo.
Máis información
Novas relacionadas
- Case pleno na familia ACB.
- Os problemas de efectivos deixan en cadro ao ACB.
- 2 vitorias e 5 derrotas para a familia do ACB.
- Doble derrota para o ES Bazarra.
- O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica.
- 2012/2013: O ACB despide a tempada coa derrota dos cadetes nas semis de Copa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).