Case pleno na familia ACB


5 partidos e 4 vitorias foi o balance da familia ACB esta fin de semana. As Sénior, os cadetes e os e as infantís colletaron boas vitorias, que se puideron ter completado nun pleno se os maiores non caesen ante o Idefic.
4ª División Masculina, xornada 5
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - IDEFIC (37-64)
- Parciais: 6-21; 14-13; 2-21; 15-9 (Acumulado: 6-21; 20-34; 22- 45; 37-64)
- ACB COSTA DA MORTE: Manuel, 5 ptos (1 tripla); Iván, 3 ptos; Lucas, 4 ptos; Tinin, 9 ptos; Sergio, 9 ptos (3 triplas) – quinteto inicial – Pais, 7 ptos.
Partido no que as diferenzas no primeiro e terceiro cuarto marcaron o resultado final, cuns parciais de 6 – 21 e 2 – 21. A pesar de que os de Cee gañaron os outros cuartos, o equipo visitante soubo administrar a vantaxe que tiña para levarse o encontro.
2ª División Sénior Feminina, xornada 7
- Resultado: ES BAZARRA-ACB COSTA DA MORTE - LARACHA GALTING (25-21).
- Parciais: (Acumulado: 4-6; 15-8; 15- 14; 25- 21)
- ACB COSTA DA MORTE: Tania, 6 ptos; María castro, 3 ptos; Vivi, 4 ptos; María Agulleiro, 6 ptos; Iria, 6 ptos – quinteto inicial – Ainoa, 0 ptos; Fátima, 0 ptos; Andrea, 0 ptos; Cynthia, 0 ptos.
Partido con marcador moi baixo, que estivo marcado pola defensa en zona do equipo de Laracha.
No inicio do encontro as rapazas de Cee non atopaban a forma de atacar dita defensa, para no segundo cuarto facelo ben e con acerto.Tralo descanso, “pájara” do equipo local, complicándose o encontro cun parcial de 0 – 6, dando alas o equipo de Laracha que veía que tiña opcións no partido. No último cuarto as de Cee volveronse a entonar e foron capaces de controlar o partido e gañalo.
2ª División Cadete masculino, xornada 7
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - ARTAI B (80-27).
2ª División Infantil masculino, xornada 5
- Resultado: ARTEIXO - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (50-55).
Vitoria cómoda dos peques do club. A incidencia do encontro: non se presentaron os árbitros designados, tendo que pitar un representante de Arteixo xunto cun representante de Cee.
2ª División Infantil Feminina, xornada 5
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE CARBALLO BASKET (57-24)
- Parciais: (18-2; 11-6; 10-8; 18-8) (Acumulado: 18-2; 29-8; 39-16; 57-24)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: María, 14 ptos; Fátima, 2 ptos; Lucía Ferrol, 23 ptos; Andrea, 8 ptos; Cynthia, 2 ptos – quinteto inicial – Lucía Oca, 0 ptos; Nerea, 0 ptos; Yaiza, 4 ptos; Elena, 2 ptos; Lorena, 2 ptos.
Partido fácil para as rapazas de Pais, no que dominaron dende o principio ó final.
Máis información
Novas relacionadas
- Os problemas de efectivos deixan en cadro ao ACB.
- 2 vitorias e 5 derrotas para a familia do ACB.
- Doble derrota para o ES Bazarra.
- O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica.
- 2012/2013: O ACB despide a tempada coa derrota dos cadetes nas semis de Copa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).