Martes. 21.05.2024
El tiempo

O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica

O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica
ACB Costa da Morte e Ferroatlantica renovaron o convenio de colaboración que permite mantes as categorías infantís do clube de baloncesto

Xa están en competición os 5 equipos do ACB Costa da Morte. E hoxe teñen unha boa nova, como é a renovación do convenio de colaboración co Grupo Ferroatlántica. O director da zona noroeste Carlos Oliete, e o presidente do clube José María Pais asinaron o convenio a través do cal a compañía renova o seu compromiso cos equipos escolares da agrupación deportiva, á que xa vén apoiando desde fai varios anos.

Así, un total de 70 nenos beneficiarase deste acordo, que se centra nos catro equipos das categorías infantil, alevín e pequebasket, tanto masculino como feminino, que desenvolven a súa actividade co nome "Ferroatlántica Baloncesto Base", ademais das escolas deportivas situadas en Cee, Fisterra e Vimianzo.

O club AC Baloncesto Costa da Morte está presente en toda a comarca e ofrece a posibilidade a todos os nenos e nenas de entre 7 e 13 anos de achegarse a un deporte como o baloncesto, empezando nas escolas basee e continuando cos equipos federados en alevín, infantil e cadete. De aí que as axudas sexan se cabe máis importantes.
O presidente de A.C. Baloncesto Costa da Morte, José María Pais, agradeceu a implicación de Ferroatlántica, que considera "imprescindible para que podamos manter a actividade das escolas e os equipos infantís".

Partidos do ACB Costa da Morte para esta fin de semana

  • 2ª División Sénior Feminina:
    - Basquet Coruña - ES Bazarra Costa da Morte: venres 1-11 ás 18:00h en Riazor 2.
    - ES Bazarra Costa da Morte - CB Sarria: domingo 3-11 ás 17:00h no Municipal de Cee.
  • 2ª División Cadete Masculino, Grupo AC:
    - Baloncesto Cambre - ACB Costa da Morte: domingo 3-11 ás 17:00 no Temple.
  • 2ª División Cadete Feminina, Grupo AA:
    - Sto. Domingo de Betanzos - ACB Costa da Morte: sábado 2-11 ás 16:00 en Betanzos.
  • 2ª División Infantil Masculino, Grupo AA:
    - Salgado Montrove Rojo - Ferroatlántica Costa da Morte: sábado 2-11 ás 17:00 no Valle Inclán.
  • 2ª División Infantil Feminina, Grupo AA:
    - CB Culleredo - ACB Costa da Morte: domingo 3-11 ás 12_00h no Burgo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios