Malpica marchou en Kaiak ata as Sisargas
10 de xuño de 2011 (10:15 h.)
A pasada fin de semana unha vintena de kaiaks tomaron o areal de Malpica. Tivo lugar a I Concentración de Kaiak de Mar Concello de Malpica, organizada pola Asociación Galega de Kaiak de Mar (AGKM) e polo Clube Náutico de Malpica. Os participantes partiron da praia da Area Maior, pero a cousa non foi fácil para saír pois o mar estaba bastante bravo.
Iso si, disfrutaron dunha saída de sendeirismo ata o Cabo de Santo Hadrián, todo pola costa. E para rematar, unha boa churrascada e a coñecer a noite malpicá.
Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte afía o vento para a I Travesía de Kitesurf.
- O surf chega ás Escolas de Carballo.
- O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles.
- Dumbría tamén apúntase á vela.
Fonte
- Información e fotos do Clube Náutico de Malpica.