Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles

O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles

A pasada fin de semana disputouse en Padrón a Copa de España de Slalom en Augas Bravas, e a terceira proba da Copa Galega da modalidade. O balance do CDM Piragüismo Dumbría non pode ser mellor, con tres medallas na Copa Galega de catro posibles.

Así, Andrea Pérez conseguiu un 2º posto en K1 junior femenino por detrás de Antía Loira, a galega concentrada ca equipa nacional e que competiu o ano pasado no Mundial Junior da especialidad.
Aarón Rei foi 3º no K1 Senior, e Marco Oreiro deu a sorpresa optendo unha medalla de bronce no K1 Cadete, cun tempo que lle valeu clasificarse para unhas semifinais da Copa de España.
Laura Antelo non foi quen de obter medalla, pero tendo en conta que este é o seu primeiro ano de competición i está en pleno aprendizaxe, non tardará en estar cerca das posicións do podium.

Nesta competición só Andrea Pérez foi quen de meterse nas finais, acadando un estupendo 5º posto nunha regata moi regular e na que nesta tempada se está dedicando a asegurar bos resultados.

Por outro lado reseñar a boa partipación dos K1 infantís invitados a participar fora de concurso do CDM Dumbría, con Iago Canosa impondose ós infantiles que acudiron de toda España, e o cuarto posto neste apartado do outro dumbriés, Xavier Trigo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios