Dumbría tamén apúntase á vela

09:46 26/05/11

Se esta semana coñeciamos que a praia do Ézaro volve acoller probas de vole praia, hoxe comprobamos que o Concello o quere todo. E se lanza aos deportes acuáticos. Unha vez que xa é unha referencia a nivel galego en piragüismo, este verán comezarán os barcos de vela a navegar pola única praia dumbriesa.
Así, o Concello de Dumbría xunto coa Deputación Provincial, poñen en marcha para o vindeiro mes de xullo na praia do Ézaro a campaña de vela 2011.
O curso será do luns 14 de xullo ao venres 18 de xullo na Praia do Ézaro e formaranse 2 grupos. Todos os rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertenecentes ó ámbito comarcal (Cee, Carnota, Corcubión, Vimianzo, Fisterra) poden participar. A cota de inscrición é de 25 €.
Novas relacionadas
- O Volei Praia volve ao Ézaro por partida triple.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Dumbría.