Novo repaso aos Torneos estivais
Estas semanas estamos facendo colleita dos Torneos que se están dando na Costa polo verán. Con especial interese ao Campionato de Barrios de Esteiro, o torneo dos torneos, pero cun ollo tamén ao FS, ao fútbol praia e ao F7.
Imos facendo o repaso desta nova que serve de Axenda Deportiva do venres, pois ademais destes trofeos, a xornada ten un foco de especial atención ao posible ascenso do Dumbría á Liga Galega Xuvenil. Despois do empate a o na ida, o Conco acolle o sábado unha cita especial, e esperan ter unha tarde a rebosar para conseguir o soñado ascenso, e que os Diego Lobelos e Óscar Leis, e este grupo de xogadores, sigan facendo historia.
Campionato de Barrios de Esteiro
Xa con 4 partidos, os Ciclóns póñense de líder, pero cun partido máis que o Carallo Santo, a sorpresa da temporada. A loita polas primerias prazas estará entre estes dous e o Independiente, que vencía ao Abelleira (estes loitarán por evitar a coller de madeira co Praia de Raimundes).
Ademais o Cánchester tamén pelexará pola 4ª praza co Tal, ambos agora mesmo con 4 puntos. Aínda queda moito por xogar, e por pelexar para chegar ás semifinais.
2º Mundialiño
Xa tivo lugar o sorteo da 2ª edición do Mundialiño realizada no concello de Fisterra. Estiveron Eusebio Trillo (seleccionador do Cee), Fran Pequeño (seleccionador do Fisterra), Carlos Pazos e Alfonso Pérez (seleccionadores do Corcubión), ademais dos fisterráns Santiago Insua (teniente alcalde), Ángel Martínez Moar (creador do evento e bo amigo de QPC), Víctor Escariz Insua (representante de ABanca) e Miguelón (técnico de deportes de Fisterra e o Mellor xogador da I edición do Torneo).
O cadro de enparellamentos resultou o seguinte para este domingo 6 de xullo:
- 19:00h - Corcubion - Fisterra.
- 20:00h - Cee - Dumbría.
- 21:00h - 3º-4º posto.
- 22:00h - Final.
E ollo, que os nomes dos convocados son de traca:
- Concello de Fisterra: Didier, Joselu, Robertín, Julito, Llanero, Adrián Makaay, Aaron López, Jesús, Dudo e Miguelón.
- Concello de Corcubión: Paulo, Diego Lojo, Pablo Lestón, Penedo, Lema, Mario, Brais, Abel, Gustavo, Gabri, Lourido, Antón Leston e Martín Toja.
- Concello de Cee: Rafa, Mario, Juanjo, Javi, Rivi, Isma Leis, Dany Mato, Miky e Diego Cespón.
- Concello de Dumbría: pendente de confirmar.
Torneo “Novas Promesas”
Os Veteranos do Dumbría, que veñen de gañar a Copa da Costa, continúa con traballo de canteira que comezaban con nome corcubionés. Desta volta será o Conco o que acolla o sábado 5 de xullo o Torneo “Novas Promesas”, de futbol 7 en categoría cadetes. Haberá equipos das Ligas da Costa e da Liga Galega Cadete.
Os partidos arrincarán pola mañá e non pararán ata as 19:00h, cando comece a gran cita dos Xuvenís do Dumbría co histórico ascenso á Liga Galega.
Torneo en Carnota
Esta fin de semana de 5 e 6 de xullo, toca o IV Campionato de F7 en Lombáns, Carnota, con 1600 puntos en premios.
Torneo de F7 de Zas
Torneo de Fútbol 7 en Camariñas
Dende o Camariñas xa están armando un Torneo de Fútbol 7 que cambia e pasa aos días 12 e 13 de xullo. Xa poden inscribirse no 653 077 393.Torneo de F7 en Santa Sabiña
Mundialito de Pachangas de Muros
O sábado 19 de xullo terá lugar o II Mundial de Pachangas no polideportivo de Miraflores.I Maratón FS de Baio
Campionato F7 de Mazaricos
A Gala do Fútbol da Costa – QPC
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Crónicas da semana
- O Dumbría xogarase no Conco o ascenso á Liga Galega Xuvenil.
- O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa.
- O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).