Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final

O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final
DUmbria Campion Copa da Costa Veteranos 2014-Foto-Dumbria

Vencía en Fontenla o cadro da Preferente a Copa da Costa 2014. E vencía, en Xaviña de Buño, o Dumbría Vet. un equipo con novo nome pero vellas espadas (os anos anteriores competiron baixo o escudo do Corcubion Vet.), a final da Copa de Veteranos.

Un gol de Miguel a falta de 2 minutos para o final da prórroga deu a vitoria aos dumbrieses fronte un serio Erbecedo, que lle permite levantar o título nesta XI edición da Copa da Costa de Veteranos.

Dumbría - Erbecedo (1-0)

Dumbria na Final da Copa da Costa Veteranos 2014
  • DUMBRIA: Dani, Tomás, Serxio, Martín, Fandiño, Antonio, Javi, Jose, Isidro, Riki e Luka. Tamén xogaron: Miguel, Marco, Castreje e Juanjo.
Erbecedo na Final da Copa da Costa Veteranos 2014
  • ERBECEDO: Juan, Andrés, Bouzas, Martín, Amarelle, Toño, David, Rubén, Sande, Chucho e Pablo. Tamén xogaron: Abreo, Florencio, Antonio, Muíño, Lema e Chachi.
  • Gol: 1-0, min.118: Miguel.
  • Ábritros: España con Eduardo Rodríguez e Goyeneche de asistentes.
Ambientazo en Xavina de Buno para a Final da Copa de Vet A Afeccion do Erbecedo non se rinde

Fermoso partido o visto no campo de Xaviña de Buño ca mellor entrada de público de todas as edicións disputadas ata o momento. Un choque no que reinou a deportividade, se ben tiña o Erbecedo dúas serias baixas por sanción, como son Marcelino e Belarmino.

O partido foi de claro dominio do Dumbría desde o principio, ante un Erbecedo ben prantado no campo que renunciou ao ataque, pero mantendo unha defensa moi ben formada. con dous centrais como Bouzas e Martín, practicamente infranqueables, que impediron que os dianteiros do Dumbrái tivesen ocasións.

De feito, o primeiro achegamento importante non chegaba ata a media hora de xogo, pero o meta do Erbecedo Juan, un dos grandes protagonistas da tarde, gañáballe a partida a Isidro cando o público xa cantaba gol. Tiña o propio Isidro un man a man pouco despois pero de novo Juan estivo sensacional.

A segunda metade transcorreu cos mesmos derroteiros, e así se chegaba a prórroga. Juan seguía sendo o gran protagonista quitando a esperanza aos puntas dumbrieses, que xa esperaban os penaltis.

Pero a falta de 2 minutos para o final da segunda metade da prórroga, Miguel facía o gol que lle daba o título ao Dumbría. Subíu Juan a rematar o córner na última xogada pero o gol do empate non chegaría e os dumbrieses levantaron o trofeo como Campións da Copa da Costa de Veteranos 2014.

Juan porteiro do Erbecedo foi o mellor do Partido Miguel autor do gol do Dumbria Campion da Copa da Costa Veteranos 2014 O Ercebedo Sucampion da Copa da Costa Vet 2014

Os trofeos da campaña 2013-2014

Trofeos das Ligas de Veteranos 2013-2014

Ao remate entregáronse os trofeos aos campións de Liga tan tanto de 1ª como de 2ª, e os máximos goleadores e trofeos á deportividade.

Trofeos Veteranos da Costa 2013-2014

A Gala do Fútbol da Costa - QPC

Máis información

Crónicas da Copa de Veteranos 2014

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios