mércores. 30.04.2025
El tiempo

Novo repaso aos Torneos estivais

Novo repaso aos Torneos estivais

Estas semanas estamos facendo colleita dos Torneos que se están dando na Costa polo verán. Con especial interese ao Campionato de Barrios de Esteiro, o torneo dos torneos, pero cun ollo tamén ao FS, ao fútbol praia e ao F7.

Imos facendo o repaso desta nova que serve de Axenda Deportiva do venres, pois ademais destes trofeos, a xornada ten un foco de especial atención ao posible ascenso do Dumbría á Liga Galega Xuvenil. Despois do empate a o na ida, o Conco acolle o sábado unha cita especial, e esperan ter unha tarde a rebosar para conseguir o soñado ascenso, e que os Diego Lobelos e Óscar Leis, e este grupo de xogadores, sigan facendo historia.


Campionato de Barrios de Esteiro

Xa con 4 partidos, os Ciclóns póñense de líder, pero cun partido máis que o Carallo Santo, a sorpresa da temporada. A loita polas primerias prazas estará entre estes dous e o Independiente, que vencía ao Abelleira (estes loitarán por evitar a coller de madeira co Praia de Raimundes).
Ademais o Cánchester tamén pelexará pola 4ª praza co Tal, ambos agora mesmo con 4 puntos. Aínda queda moito por xogar, e por pelexar para chegar ás semifinais.


2º Mundialiño

Presentacion do Mundialino Costa da Morte 2014 II Mundialino Costa da Morte en Fisterra 2014

Xa tivo lugar o sorteo da 2ª edición do Mundialiño realizada no concello de Fisterra. Estiveron Eusebio Trillo (seleccionador do Cee), Fran Pequeño (seleccionador do Fisterra), Carlos Pazos e Alfonso Pérez (seleccionadores do Corcubión), ademais dos fisterráns Santiago Insua (teniente alcalde), Ángel Martínez Moar (creador do evento e bo amigo de QPC), Víctor Escariz Insua (representante de ABanca) e Miguelón (técnico de deportes de Fisterra e o Mellor xogador da I edición do Torneo).

O cadro de enparellamentos resultou o seguinte para este domingo 6 de xullo:

  • 19:00h - Corcubion - Fisterra.
  • 20:00h - Cee - Dumbría.
  • 21:00h - 3º-4º posto.
  • 22:00h - Final.

E ollo, que os nomes dos convocados son de traca:

  • Concello de Fisterra: Didier, Joselu, Robertín, Julito, Llanero, Adrián Makaay, Aaron López, Jesús, Dudo e Miguelón.
  • Concello de Corcubión: Paulo, Diego Lojo, Pablo Lestón, Penedo, Lema, Mario, Brais, Abel, Gustavo, Gabri, Lourido, Antón Leston e Martín Toja.
  • Concello de Cee: Rafa, Mario, Juanjo, Javi, Rivi, Isma Leis, Dany Mato, Miky e Diego Cespón.
  • Concello de Dumbría: pendente de confirmar.
Torneo Novas Promesas dos Vet Dumbria

Torneo “Novas Promesas”

Os Veteranos do Dumbría, que veñen de gañar a Copa da Costa, continúa con traballo de canteira que comezaban con nome corcubionés. Desta volta será o Conco o que acolla o sábado 5 de xullo o Torneo “Novas Promesas”, de futbol 7 en categoría cadetes. Haberá equipos das Ligas da Costa e da Liga Galega Cadete.

Os partidos arrincarán pola mañá e non pararán ata as 19:00h, cando comece a gran cita dos Xuvenís do Dumbría co histórico ascenso á Liga Galega.



Torneo en Carnota

Esta fin de semana de 5 e 6 de xullo, toca o IV Campionato de F7 en Lombáns, Carnota, con 1600 puntos en premios.

Campionato F7 de Carnota 2014

Torneo de F7 de Zas

O campo de San Andrés, en Zas, acolle un Torneo de F7 os días 5 e 6 de xullo, con 1700 puntos en premios. Podes inscribirte antes do xoves 3 de xullo nos 690 111 634 ou 627 755 016.

Torneo de Fútbol 7 en Camariñas

Dende o Camariñas xa están armando un Torneo de Fútbol 7 que cambia e pasa aos días 12 e 13 de xullo. Xa poden inscribirse no 653 077 393.

Torneo de F7 en Santa Sabiña

A cita no campo de herba de Santa Sabiña co fútbol 7 será os días 12 e 13 de xullo, con máis de 3000 puntos en premios. Poden inscribirse xa no Bar O Rueiro ou nos 636 033 610 antes do 10 de xullo as 21:00h.

Mundialito de Pachangas de Muros

O sábado 19 de xullo terá lugar o II Mundial de Pachangas no polideportivo de Miraflores. Mundial de Pachangas de Muros

I Maratón FS de Baio

Os 19 e 20 de xullo, o CD Baio artella o I Maratón de Fútbol Sala. Habera 1550 puntos en premios, e a cota de inscrición é de 80 puntos, e ten que realizarse antes do 18 de xullo ás 20:00h, nos número 696 826 484, 627 908 835 ou 645 817 725.

Campionato F7 de Mazaricos

Campionato de F7 A Fervenza Mazaricos 2014 Os días 9 e 10 de agosto, a cita será en Antes, Mazaricos, co Fútbol 7. Con 2200 puntos en premios.

A Gala do Fútbol da Costa – QPC

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios